Ver a versión en liña
 
 
 

Lanza os teus produtos innovadores de xeito diferente para dar na diana da túa clientela

Só un de cada dez lanzamentos de produtos novos ao mercado é rendible. O fracaso comercial dos outros nove débese a que non houbo un proceso previo de descubrimento da clientela. Hoxe compartimos por que é interesante para as pemes seguir a fórmula de comercialización das start-up máis exitosas.
Produto novo, mercado novo
Cando lanzamos un produto ou servizo novo ao mercado debemos ter en conta que o que facemos para vender os nosos produtos ou servizos anteriores non vale para este. Por que? Porque un produto innovador é un produto distinto e iso implica que a clientela tamén o é. A clave está en descubrila para trazar o camiño ata ela.
O produto como empresa
Unha maneira de enfocar isto con éxito é pensar no lanzamento de cada novo produto coma se fose unha nova empresa. A idea é de Steve Blank, un emprendedor estadounidense que investigou a fondo algúns dos fracasos comerciais máis sonados de principios do milenio:
  • Volkswagen Phaeton: a marca alemana inspirouse na marca Lexus de Toyota para lanzar a súa gama de berlinas de luxo, pero non desenvolver unha nova estratexia de comercialización para ela custoulle máis de 500 millóns de dólares en perdas.
  • Segway: a empresa inventora do vehículo de mobilidade individual de dúas rodas pensou que o seu mercado eran, sen máis, todas as persoas que camiñaban. O seu fracaso comercial custoulles 200 millóns de dólares e aínda seguen buscando o seu mercado.
Blank fixouse en que as start-up que sobreviven aos primeiros anos de vida non seguen o patrón tradicional de comercialización. En lugar disto, utilizan un modelo de proba-erro, que aplican tanto ao deseño do novo produto como á creación da clientela para el.
Construír o mercado
A fórmula de innovación creada por Blank denomínase metodoloxía de desenvolvemento do cliente. Parte de que, ante un novo produto, hai cinco tipos de clientes:
Entusiastas Visionarios Pragmáticos Conversadores Escépticos
 

A clave está en estudar os dous primeiros grupos (mercado temperán) para chegar aos tres últimos, que representan o mercado xeral, é dicir, o máis rendible. Conseguir saltar a fenda que hai entre estes dous grupos é a chave do éxito comercial.

Como se fai?
Visualiza este modelo de éxito para impactar no mercado cos teus produtos e servizos novos a través do caderno

Tempo de lectura: 4 minutos
 

Coñece a experiencia de tres pemes galegas que acertaron no enfoque da venda de produtos e servizos novos.

PESCADOS RUBÉN

REPORTAXE

VÍDEO
VIÑA COSTEIRA

REPORTAXE

VÍDEO
MOBALCO

REPORTAXE
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

26 de Xullo de 2022

A Xunta solicita ao Ministerio de Ciencia e Innovación financiamento para o polo aeroespacial de Galicia a través do Perte do sector

A Xunta de Galicia defende o papel protagonista que debe ter o Polo Aeroespacial de Galicia no Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica vinculado a este sector e solicita o apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación para que os proxectos de I+D+i da iniciativa estratéxica do Goberno galego, especializada no segmento dos vehículos non tripulados, conten con financiamento destes fondos europeos.
Ler máis

26 de Xullo de 2022

A Unidade Mixta de Investigación de Aimen e ArcelorMittal permite avanzar na diversificación e a eficiencia enerxética da industria do aceiro

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a a Unidade Mixta impulsada por ArcelorMittal e o centro tecnolóxico Aimen, enfocada ao desenvolvemento de novas tecnoloxías para a fabricación de produtos de aceiro nos sectores metalúrxico e metal-mecánico, permitiu dar resposta aos grandes retos que atravesa esta industria, onde a innovación é máis necesaria que nunca para aumentar a diversificación e a eficiencia enerxética e de recursos.
Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.