Ver a versión en liña
 
 
 

Paso a paso: da dixitalización á transformación dixital

A dixitalización e a transformación dixital impactan na cultura e nos métodos de traballo de calquera empresa, polo que as pemes galegas deben estar atentas a eses procesos e innovar para adaptarse. Pero, son a mesma cousa? Non. Hoxe explicamos en que se diferencian e por que son tan relevantes.
Primeira estación, a dixitalización
Cando comezamos a substituír os procesos en papel da empresa por procesos virtuais, xa estamos a dixitalizar a actividade da peme. A factura electrónica e a atención a clientes a través de formularios web son algúns dos primeiros pasos habituais.
A revolución móbil
A chegada dos smartphones e, con eles, dos usuarios/as dixitais, supuxo un punto de inflexión. A clientela quere interactuar coa empresa a través dos teléfonos móbiles: comprar, informarse, contactar en tempo real...

É un reto que moitas pemes aínda están pendentes de abordar e é importante que o fagan canto antes para non quedar atrás, xa que se trata dun motor de cambio que pode facilitar a innovación mediante a creación de valor para a clientela.
O seguinte paso, a transformación dixital.
O avance das tecnoloxías permite hoxe ir máis alá. Grazas a elas, as pemes poden:
  • Atopar solucións a problemas complexos.
  • Sumerxirse no mundo da automatización.

Trátase da transformación dixital, unha panca de innovación cara a industria 4.0 a través de ferramentas como:

A robótica O Internet das cousas A Intelixencia artificial, procesamento avanzado e seguridade de datos
Mellor en compañía
Todo isto supón un salto competitivo moi importante ao que as pemes galegas teñen acceso a través dos hubs de innovación dixital promovidos pola Xunta de Galicia.

A través deles, as empresas galegas poden atopar aliados externos cos que abordar a innovación baseada nas tecnoloxías dixitais. Eses aliados poden ser centros tecnolóxicos ou startups, por exemplo, que lles poden axudar a buscar solucions dixitais para os seus problemas e necesidades.
Como se fai?
Visualiza a transición cara a dixitalización e a transformación dixital mediante exemplos prácticos no caderno

Tempo de lectura: 4 minutos
 

Coñece a experiencia real de tres pemes galegas na innovación a través da transformación dixital

COFRICO

REPORTAXE

VÍDEO
INTAF

REPORTAXE

VÍDEO
JIM SPORTS

REPORTAXE
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

06 de Setembro de 2022

A Xunta publica a nova guía de financiamento comunitario 2021-2027

A Xunta vén de presentar a súa nova Guía de Financiamento Comunitario 2021-2027, unha publicación dirixida a entidades públicas e privadas galegas que aspiran a obter financiamento comunitario para os seus proxectos. Editada pola Fundación Galicia Europa (FGE), pódese descargar da nova páxina web da entidade, ademais de consultar en liña as fichas resumo dos programas de financiamento comunitario.
Ler máis

Eventos

Ver todos
13
Setembro
Xornada LoRa – LoRaWAN

20
Setembro
OpenDesk B2B. Conectando empresas con matemática industrial

20
Setembro
Convocatorias Horizonte Europa en Dixitalización

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.