Ver a versión en liña
 
 

Xornada de innovación para a cidadanía: 3 Retos RIS3

O próximo sábado 17 de setembro a Axencia Galega de Innovación celebra na Alameda de Marín a Xornada de innovación para a cidadanía: 3 Retos RIS3. Esta xornada propón unha serie de actividades abertas a toda a sociedade, co fin de dar a coñecer a nova Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3, e implicar á cidadanía nesta aposta pola innovación. O evento, que estará conducido pola escritora e xornalista da CRTVG, María Solar, contará coa presenza de importantes deportistas como Irene Trabazo, Desirée Vila e Tamara Echegoyen; o artista Manolo Paz e o Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde. Contaremos tamén co stand da Canteira de Innovación e Materiais de Galicia.

Quero saber máis!

Cada unha das tres actividades que compoñen este evento están relacionadas con algún dos tres grandes retos da RIS3 que se centran en tres prioridades: a sostibilidade, a dixitalización e as persoas.

Maratón fotográfico
Con este maratón fotográfico descubriranse oportunidades e retos relacionados coa xestión innovadora dos recursos naturais e culturais (Reto1). Esta actividade, dirixida polo artista plástico e profesor Suso Fandiño, consiste nun pequeno percorrido urbano que partirá da Alameda de Marín para observar, imaxinar e proxectar desde a fotografía unha serie de retos e oportunidades de innovación vinculadas aos recursos naturais e culturais. As persoas asistentes poderán utilizar os seus propios teléfonos móbiles, non é necesario levar unha cámara de fotos profesional.
Quero participar no maratón fotográfico!
CicloIndoor
Coas clases de cicloindoor, baixo a temática do modelo industrial da Galicia do futuro (Reto 2), búscase establecer un paralelismo entre o modelo industrial innovador e a intensidade necesaria para alcanzar o cumio nunha sesión de ciclo. Celebraranse dúas clases de vinte minutos no paseo da Alameda de Marín. Ambas serán de nivel básico amenizadas con música e unha gran pantalla na que os participantes poderán seguir imaxes de acompañamento e unha gráfica coa duración e nivel de esforzo de cada tramo. Entregarase a cada participante un cortaventos e outros produtos de uso deportivo.
Quero participar no CicloIndoor!
Ioga
Enmarcada no Reto 3, que se centra en acadar un modelo de vida máis saudable, temos a actividade de ioga que nos servirá para poñer de relevo a importancia da innovación aplicada á saúde e o envellecemento activo. Esta actividade estará composta por dúas sesións no paseo da Alameda de Marín, de nivel básico e media hora de duración. Aconséllase acudir con roupa cómoda e non é preciso levar esteira, xa que se entregará unha como agasallo a quen asista, ademais doutros produtos para uso deportivo.
Quero participar en Ioga!

No caso de que non desexes participar activamente, podes acudir igualmente e ver o resto de actividades que temos preparadas!.

#innovandocrecemos

E ademais, aliñados coa Estratexia Galega de Biotecnoloxía, anota os próximos eventos:
Galicia BioDays
22 e 23 de setembro
Palexco, A Coruña
Forum RIES 26 e 27 de outubro
Santiago de Compostela

Novas

Ver todas

13 de Setembro de 2022

Galicia Avanza está chamada a ser o trampolín que precisan as Pemes galegas que queren chegar ao mercado internacional desde a I+D+i

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na presentación do programa de aceleración Galicia Avanza que está chamado a ser o trampolín que precisan as pemes galegas que queren chegar ao mercado internacional desde a I+D+i e a sustentabilidade.
Ler máis

09 de Setembro de 2022

A Xunta colabora con pemes e micropemes galegas en 32 proxectos para impulsar a innovación no tecido empresarial desde a colaboración público-privada

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a startup viguesa Néboda Farms, onde puxo de relevo o traballo que está a facer a Xunta de Galicia para impulsar a innovación en pemes e micropemes galegas de sectores diversos desde a colaboración público-privada.
Ler máis

Eventos

Ver todos
20
Setembro
OpenDesk B2B. Conectando empresas con matemática industrial

20
Setembro
Convocatorias Horizonte Europa en Dixitalización

22
Setembro
8 tecnoloxías clave para as fábricas do futuro. Xornada de peche do proxecto MAINGAP

27
Setembro
2ª Conversa en rede: diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.