Ver a versión en liña

Próximos cursos de Horizonte Europa para Pemes

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación dentro das súas actividades enmarcadas na rede Enterprise Europe Network (EEN) pon en marcha un programa formativo online dirixido a formar ás pemes galegas no programa Horizonte Europa. Este programa formativo consta de 2 cursos, un dirixido a pemes sen experiencia previa na participación no programa Horizonte Europa e outro a pemes con experiencia.
Ademais na Axencia Galega de Innovación temos previstas para os vindeiros meses máis xornadas sobre instrumentos de financiamento e convocatorias a nivel europeo.

Descubre os servizos que ofrece a EEN
Curso Horizonte Europa para pemes sen experiencia
Este curso, que constará de cinco xornadas entre o 3 e 19 de outubro, está dirixido a PEMES sen experiencia en programas europeos de I+D+i e centrarase nos seguintes aspectos:
  • Introdución ao programa Horizonte Europa
  • Presentación dunha proposta a Horizonte Europa
  • Oportunidades de financiamento en cascada
Curso Horizonte Europa para pemes con experiencia
Este curso, que constará de seis xornadas entre o 4 e 20 de outubro, está dirixido a PEMES con experiencia en participar en programas europeos de I+D+i e centrarase nos seguintes aspectos:
  • Introdución ao programa Horizonte Europa e partes dunha proposta
  • Principais pasos para presentar un proxecto a Horizonte Europa
  • Redaccións dos anexos
  • Topics particulares en Horizonte Europa

Se queres saber máis sobre estes cursos e inscribirte, pincha na ligazón. O prazo límite de inscrición remata o 29 de setembro!!

Máis información
Outras actividades de temática europea
Ao longo dos vindeiros meses, celebraremos varias xornadas centradas en Horizonte Europa e outros programas de financiamento europeos. As xornadas realizaranse a medida se vaian publicando convocatorias nestes programas.
Toma nota dalgunha das temáticas que temos previstas!:
  • Novas oportunidades de financiamento en cascada para as Pemes.
  • O Programa InvestEU.
  • Xornadas sobre as convocatorias de Horizonte Europa relacionadas coa Saúde; Cultura, Creatividade e Sociedade Inclusiva; Seguridade Civil; Dixitalización, Industria e Espazo; Clima, Enerxía e Mobilidade; Alimentos, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente.
Estas xornadas únense á que realizamos o pasado 20 de setembro sobre Convocatorias de Horizonte Europa sobre Dixitalización. Podes consultar o material da xornada aquí.

Novas

Ver todas

21 de Setembro de 2022

Rueda reafirma o obxectivo de colocar Galicia na elite das tecnoloxías de alta precisión ao servizo da investigación e da industria

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou hoxe o obxectivo de colocar a Galicia na elite das tecnoloxías de alta prestación ao servizo da investigación e da industria.
Ler máis

20 de Setembro de 2022

A Xunta pon a Unidade Mixta de Investigación-Irmás como exemplo de éxito de colaboración público-privada

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá mediante videoconferencia na xornada ‘Innovación e ciberseguridade para unha Galicia máis resiliente’ coa que se celebrou o aniversario do Centro de Innovación en Ciberseguridade Tegra.
Ler máis

17 de Setembro de 2022

A Xunta ten como obxectivo que a I+D en Galicia oriente todos os esforzos a abordar os retos da sociedade galega

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participou esta mañá en Marín na xornada de innovación para a cidadanía 3 Retos RIS3, na que subliñou que o obxectivo da Xunta é que a I+D en Galicia oriente todos os esforzos a abordar os retos da sociedade galega.
Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Setembro
2ª Conversa en rede: diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

05
Outubro
As patentes como fonte clave de información técnico - comercial

06
Outubro
Workshop: Materiais e ecodeseño

07
Outubro
Oportunius: taller online de preparación de propostas para a convocatoria ERC Consolidator Grants 2023

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.