Tecnoloxía e modelos de negocio |
A creación de produtos e subprodutos novos que supoñan a reutilización dos recursos precisa da iniciativa de pemes innovadoras enfocadas a:
|
|
Novas solucións tecnolóxicas. Por exemplo, para converter residuos en fontes de enerxía limpa. |
|
Novos modelos de relación entre os axentes que compoñen a cadea de valor. Por exemplo, para introducir liñas de negocio que supoñan a venda de residuos dunha empresa a outra que os use como materia prima. |
Todo isto pode constituir a túa innovación de procesos, organización ou produtos.
|
|
Contacta con nós para empezar a innovar |
Xunta de Galicia Axencia Galega de Innovación servizos.gain@xunta.gal 981 957 008 |
|
|
|
28 de Setembro de 2022
A Xunta salienta que as demostracións de voo do proxecto europeo AMU-LED avalan o posicionamiento de Galicia na vangarda da mobilidade aérea intelixente
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na presentación destas probas, que se desenvolven no marco do proxecto H2020 AMU-LED, onde destacou a súa contribución ao posicionamento de Galicia na vangarda da mobilidade aérea intelixente.
|
|
|
|
27 de Setembro de 2022
O Centro Mixto de Investigación Magna-Ctag permitirá avanzar no desenvolvemento de armaduras de asento de nova xeración para a automoción
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu esta mañá na sede da empresa Magna Seating Vigo ao encontro de lanzamento do Centro Mixto de Investigación Magna-Ctag (Cenit), dirixido a ampliar a investigación ao redor do desenvolvemento de armaduras de asento funcionais de nova xeración que dean resposta aos novos esquemas de mobilidade, especialmente a eléctrica
|
|
|
|
23 de Setembro de 2022
A Xunta agarda o apoio do Goberno para que Galicia forme parte do Perte Aeroespacial
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañou esta mañá ao comisionado para o Perte Aeroespacial, Miguel Belló, na súa visita ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR).
|
|
|
|
Enderezo
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
|
|
|
|
|
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.
|
|
|
|