Ver a versión en liña
 
 
 

Aprende dos mellores para innovar no teu modelo de negocio

As innovacións relacionadas cos éxitos comerciais das grandes empresas líderes nos seus sectores débense con frecuencia a cambios nos seus modelos de negocio. Hoxe mostrámosche o modelo Doblin, unha ferramenta coa que as pemes poden aproveitar e aplicar a experiencia dos mellores do mercado.
Facelo mellor
Moitas das innovacións que coñecemos hoxe proceden dun cambio no modelo de negocio, como a forma de cobrar, as alianzas con outras empresas ou o servizo posvenda.

Nas pemes, é habitual que estas innovacións se produzan de forma "artesanal", cando a algún membro do equipo se lle ocorre facer algo de maneira diferente. Sen embargo, analizar, reflexionar e sistematizar estes cambios é moito máis produtivo e eficiente.
10 parcelas nas que innovar
Grazas ao modelo deseñado pola compañía internacional Doblin, as pemes teñen acceso a unha ferramenta que sintetiza as conclusións obtidas da análise de máis de 2.000 innovacións realizadas por empresas líderes de múltiples sectores.

Partindo desa análise, os expertos de Doblin determinaron que un modelo de negocio se compón de dez compoñentes organizados en tres grupos:
Configuración
Procesos máis internos da peme e do seu sistema de negocio.
Oferta
Produtos ou servizos no mercado.
Experiencia
Elementos que determinan a interacción da clientelacoa peme e os seus produtos e servizos.
Consulta os dez compoñentes no caderno Como construir un modelo de negocio innovador
Proceso práctico e sistemático
O beneficio principal desta ferramenta é que permite realizar un proceso sistemático de carácter práctico para idear e probar combinacións de modelos de negocio por parte dun equipo multidisciplinar dentro da peme.

O traballo colaborativo do equipo materialízase en varios prototipos para ser testados con clientes reais ata lograr un resultado satisfactorio que se poida implementar como modelo de negocio innovador.
Como se fai?
Descubre todos os elementos do modelo Doblin e como aplicalos a través do traballo en equipo no caderno

Tempo de lectura: 5 minutos
 

Coñece a experiencia real de 2 pemes galegas na innovación sobre os seus modelos de negocio:

AEROCAMARAS

REPORTAXE

VÍDEO
GRUPO ON

REPORTAXE
Contacta con nós para empezar a innovar Xunta de Galicia
Axencia Galega de Innovación
servizos.gain@xunta.gal
981 957 008

Novas

Ver todas

12 de Outubro de 2022

A Xunta reafirma a súa aposta pola colaboración interrexional para impulsar a transformación dixital e a innovación na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2022

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, interviu esta tarde de xeito telemático nunha xornada sobre a transición dixital a través da conexión dos ecosistemas de innovación rexional organizada pola Vanguard Initiative na sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas no marco da Semana Europea das Rexións e das Cidades 2022.
Ler máis

08 de Outubro de 2022

A Xunta convoca as axudas para a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo para solicitar axudas no marco da segunda edición do programa Doutoramento Industrial co que apoia a contratación de persoal doutorando por parte de empresas e centros tecnolóxicos e de innovación para a realización da súa tese nunha contorna empresarial.
Ler máis

Eventos

Ver todos
24
Outubro
Curso online: Transferencia e comercialización nas Ciencias Sociais, Artes e Humanidades

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.