Ver a versión en liña

Xornadas sobre convocatorias europeas de financiamento da I+D+i

O vindeiro 10 de novembro celebraremos unha xornada sobre a convocatoria europea Small-Scale Projects que financia proxectos de demostración que implementen solucións innovadoras baixas en carbono na industria. Ademais, o 25 de novembro teremos unha xornada sobre o financiamento en cascada e, no mes de decembro, outra sobre convocatorias do programa Digital Europe. Todas estas xornadas forman parte dun ciclo orientado a mellorar a participación galega nas diferentes convocatorias de financiamento europeo a través da formación e información ao ecosistema galego de innovación.

A Axencia Galega de Innovación (Gain) acollerá o vindeiro 10 de novembro, en formato mixto presencial-online, unha xornada informativa sobre a vindeira convocatoria de Small-scale projects.
En que consiste esta convocatoria?
Esta convocatoria, enmarcada no Fondo de Innovación da Comisión Europea, púxose en marcha en 2020 para apoiar proxectos de demostración en catro grandes áreas: enerxías renovables innovadoras, almacenamento enerxético, descarbonización industrial e captura e almacenamento xeolóxico de carbono.
A súa publicación está prevista para o primeiro trimestre de 2023 e cubre ata o 60% dos custes de investimento, que estarán comprendidos entre os 2,5 e os 7,5 millóns de euros. É unha oportunidade para apoiar a innovación verde nas pemes galegas.

Ata a data, o fondo lanzou catro convocatorias por valor superior os 2.700 millóns de euros

Podes obter máis información e inscribirte na xornada neste enlace

Inscríbete!!
Vindeiras xornadas
Ademais, están previstas máis xornadas sobre convocatorias europeas ata final de ano. Toma nota das próximas actividades!:
  • 25/11: convocatorias de financiamento en cascada lanzadas por entidades galegas.
  • 02/12: oportunidades que ofrece o programa Digital Europe para apoiar a introdución das tecnoloxías dixitais, especialmente en empresas.
Consulta o folleto do ciclo de xornadas dos programas europeos neste enlace!!!

Novas

Ver todas

16 de Outubro de 2022

Un total de 13 profesionais de alta cualificación incorpóranse a empresas e centros de coñecemento a través do programa Talento Sénior

A Xunta de Galicia vén de resolver a quinta edición do programa Talento Sénior, unha iniciativa para a atracción e retorno de persoal investigador de alta cualificación cunha carreira consolidada. Cun investimento de preto dun millón de euros, a Axencia Galega de Innovación apoia 13 contratacións: 8 por parte de empresas e cinco por parte de organismos de investigación e centros tecnolóxicos.
Ler máis

Eventos

Ver todos
24
Outubro
Curso online: Transferencia e comercialización nas Ciencias Sociais, Artes e Humanidades

25
Outubro
Xornada Metaverso – Mesa redonda

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.