Ver a versión en liña

Avance do mapa de apoios 2023

Adiantámosche as liñas de apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain) á I+D+i en todas as súas etapas e dirixidas aos distintos axentes do Sistema Galego de Innovación en 2023. Nel podes atopar unha descrición das liñas de axuda, o tipo de beneficiario ao que van dirixidas, a data prevista da súa convocatoria e a orixe dos fondos.

Descarga o mapa completo
Programa Innova e Emprende
Obxectivo:
Incrementar o número de empresas innovadoras, facilitar que as pemes incorporen a innovación á súa estratexia e impulsar o emprendemento innovador.
Actuacións:
- Ignicia Proba de Concepto
- InnovaPeme e DeseñaPeme
- Bonos de Innovación
- ConectaPeme
- Incubadoras/aceleradoras
- Fondos de Capital Risco
Programa Completa e Transfire
Obxectivo:
Fortalecer os sectores estratéxicos impulsando a creación e/ou atracción de empresas nos segmentos non cubertos das cadeas de valor, incementando a súa competitividade e facilitando a súa diversificación a través da colaboración.
Actuacións:
- Fábrica Intelixente e Sostible
- Misións RIS3 (NOVA!)
Programa Persoas
Obxectivo:
Xerar, reter e atraer talento, á vez que impulsar o papel da muller na I+D+i.
Actuacións:
- Apoio á etapa predoutoral
- Axudas á etapa posdoutoral
- Grupos de Investigación
- Doutoramento Industrial
- Investigo
Programa Posiciona
Obxectivo:
Impulsar o posicionamento e proxección da I+D+i galega e potenciar a capacidade de atraer financiamento europeo.
Actuacións:
- Recuperación de proxectos nacionais excelentes (Neotec)
- Programa de apoios para fomentar as sinerxias con Horizonte Europa
Programa Integra
Obxectivo:
Fortalecer as capacidades de xeración de coñecemento e de desenvolvemento de tecnoloxías, así como reforzar o seu aliñamento co mercado nos ámbitos de especialización.
Actuacións:
- Infraestruturas de centros tecnolóxicos (NOVA!)

Novas

Ver todas

26 de Outubro de 2022

Os orzamentos da Vicepresidencia económica medran un 12%, ata os 524 M€, co obxectivo de impulsar a Axenda industrial para a Galicia de 2030

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, presentou hoxe no Parlamento as contas da área económica do Goberno galego que, para o vindeiro ano, medran un 12%, ata os 524M€, co obxectivo de impulsar a axenda industrial para a Galicia de 2030, que concentra sete de cada dez euros do orzamento (360M€).
Ler máis

25 de Outubro de 2022

A Xunta destina 7,6 M€ nos Orzamentos de 2023 para apoiar os centros tecnolóxicos galegos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, trasladou esta mañá a Atiga que a Xunta de Galicia destinará nos rzamentos de 2023 un total de 7,6M€ para apoiar os centros tecnolóxicos da Comunidade.
Ler máis

25 de Outubro de 2022

A Xunta apoia 29 proxectos de pemes galegas para integrar o deseño como panca de innovación e sostibilidade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe a empresa lucense A-Vida Revestiments, da que destacou a súa capacidade para posicionarse con éxito no mercado mundial a través de solucións decorativas singulares que combinan o deseño, a sostibilidade e a innovación en materiais e procesos.
Ler máis

Eventos

Ver todos
10
Novembro
Xornada informativa Convocatoria Small-Scale Projects

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.