Ver a versión en liña
 
 
 

Descubre o mellor do deseño galego para a innovación

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación DIDAC, difunde os beneficios de combinar deseño e innovación a través dunha exposición aberta ao público e un dicionario de casos de éxito.
Este novo proxecto expositivo e editorial enmárcase no Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 - DIFERENZA, dándolle continuidade ás iniciativas da Xunta de Galicia para recoñecer e difundir as mellores prácticas de incorporación do deseño como ferramenta de innovación e competitividade.
Nesta liña destacan tamén os Premios Galicia de Innovación e Deseño e as publicacións Galicia. O deseño como motor e O deseño como motor. Casos de éxito en Galicia.


Exposición
A exposición “Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia” estará aberta ao público ata o 16 de decembro na sede da Fundación DIDAC, en Santiago de Compostela.
  • Máis de 40 proxectos de profesionais do deseño galego de todas as disciplinas: gráfico, industrial, de produto, de servizos, de moda, etc.
  • Máis de 40 traballos realizados por e para empresas galegas de todos os sectores, como a moda, a alimentación, o forestal, as telecomunicacións, a biotecnoloxía, o editorial, a iluminación ou a hostaleria.
Visítaa de luns a venres (11-14 h e 16-19 h) e sábado previa cita (881 01 88 93).
Dicionario

ABC-Deseño. Dicionario do deseño e da innovación de Galicia é un compendio de casos de éxito que representa unha oportunidade para entender como Galicia ten todo a favor para ser un referente no campo do deseño para a innovación.
Unha publicación viva que nace con 140 referencias, coa vocación de incorporar novas entradas progresivamente a través dun proceso de actualización continua.

Consulta o primeiro dicionario de deseño para a innovación de Galicia.

Novas

Ver todas

10 de Novembro de 2022

A Xunta impulsa a colaboración de Anfaco-Cecopesca e o grupo Angulas Aguinaga para innovar na produción de moluscos

Ler máis

10 de Novembro de 2022

A Xunta destaca o papel de Aimen na introdución de tecnoloxías de fabricación avanzada na industria galega

Ler máis

10 de Novembro de 2022

Galicia é xa unha referencia en tecnoloxía para os vehículos non tripulados, con 70 compañías que se dedican ao sector aeronáutico

Ler máis

Eventos

Ver todos
14
Novembro
Curso online: IP e Estratexia de Mercado

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.