Ver a versión en liña

Entrega dos III Premios Galicia de Innovación e Deseño

A Axencia Galega de Innovación invítate a presenciar
a cerimonia de entrega da terceira edición dos
Premios Galicia de Innovación e Deseño.

Estes galardóns, que serán entregados o martes 20 de decembro ás 19 horas no Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela), son unha iniciativa da Xunta de Galicia para recoñecer o labor das persoas e empresas referentes do avance económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.

Profesionais de recoñecido prestixio integraron o xurado que seleccionou os/as finalistas para as categorías das que consta o certame:
Grande empresa: grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década:

• Compañía Española de Algas Marinas (Ceamsa).
• Puentes y Calzadas.
• Unvi Carroceros.

Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos:

• Alen Space.
• Centum Research&Technology.
• Little Electric Car España.

Traxectoria innovadora: empresarios/ as e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.
Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector:

• Costa Comunicación Visual.
• Isaac Piñeiro Meira.
• MMASA.

Talento emerxente: creadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos:

• Raquel Fernández Caamaño.
• Roberto Costas Fernández.
• Sara Regal Alonso.

Empresas: empresas consolidadas que incorporaran o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década:

• Hifas da Terra.
• Unvi Carroceros.
• Vertifil Industrial.
Invitámoste a asistir á cerimonia de entrega para coñecer os gañadores e gañadoras en cada categoría.

Novas

Ver todas

23 de Novembro de 2022

A Xunta de Galicia salienta que a implicación dos empregados públicos coa innovación permite ofrecer un servizo máis accesible e de máis calidade á cidadanía

Ler máis

22 de Novembro de 2022

A Xunta felicita a Atiga no seu décimo aniversario pola súa contribución á transformación do tecido produtivo galego

Ler máis

21 de Novembro de 2022

A Xunta destaca que Airbus, Babcock e Telespazio contribuirán á consolidación da BFaero e ao desenvolvemento dos proxectos participantes

Ler máis

Eventos

Ver todos
25
Novembro
Xornada de dinamización: Oportunidades de financiamento en cascada

29
Novembro
Curso online «Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i»

29
Novembro
Xornada: Desenvolvemento de simuladores virtuais para adestramento profesional

01
Decembro
Workshop: O final dun produto, a orixe dun material

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.