Ver a versión en liña

Segunda convocatoria da aceleradora de internacionalización Galicia Avanza

O vindeiro luns 16 de xaneiro publicarase a segunda convocatoria do programa de aceleración da internacionalización Galicia Avanza, xestionada a través do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en colaboración con IGAPE e GAIN.

Galicia Avanza é un programa de impulso da competitividade das pemes innovadoras galegas que precisan de apoio para levar a mercados internacionais os seus produtos e servizos innovadores.
Para quen?
Poden participar pemes de calquera sector que tivesen facturación nos últimos dous anos.

O principal requisito é ter un produto ou servizo con carácter innovador que teña oportunidades no mercado internacional.

Contamos con 30 prazas para esta nova convocatoria.
Que vou obter?
Galicia Avanza non é unha convocatoria de axudas, é un programa integral de apoio á internacionalización da innovación, que funciona como unha aceleradora de pemes consolidadas.
Durante 8 meses, os beneficiarios estarán asesorados por expertos a través dun itinerario individualizado co seguinte alcance:
Durante os 2 primeiros meses un experto analizará o punto de partida da empresa e definirá, conxuntamente con esta, as súas necesidades para internacionalizar os seus produtos e/ou servizos innovadores.
Tecnopole contratará todos aqueles servizos que precise a empresa para acadar o obxectivo de internacionalización. Estes servizos teñen a consideración de subvencións en especie, suxeita a mínimis.
A empresa levará a cabo as actividades definidas no seu plan de acción co apoio dun experto en internacionalización durante os 6 meses posteriores.
Ademais, a empresa participará nas sesións formativas e traballo en grupo co resto de participantes na iniciativa para compartir as súas experiencias e identificar sinerxias.
Isto é o que din de nós algúns dos participantes na 1ª edición:

Irisana
Errecé Láser
Jamones González
Bodegas Corisca
Presenta a túa candidatura antes do 28 de febreiro de 2023!!

 

As solicitudes de participación presentaranse a través dun formulario dispoñible a partir do luns 16 de xaneiro de 2023 e ata o 28 de febreiro na páxina web do programa, sen necesidade de certificado dixital. Máis información

Novas

Ver todas

10 de Xaneiro de 2023

A Xunta destaca que o proxecto Efifactory de Borgwarner e CTAG demostra o efecto multiplicador da suma de industria e coñecemento

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou esta mañá en Vigo que o programa Efifactory, que forma parte do programa Fábrica Intelixente da Xunta de Galicia, demostra que a suma da industria e o coñecemento ten un efecto multiplicador.
Ler máis

Eventos

Ver todos
24
Xaneiro
Xornada rexional sobre aspectos legais e financeiros de Horizonte Europa

03
Febreiro
Convocatorias do Cluster 6 Horizonte Europa: Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.