Ver versión en liña

Toda a innovación de Galicia ao teu servizo

Por primeira vez, presentamos o mapa conxunto de todos os apoios públicos á I+D+i da Xunta de Galicia. Coa finalidade de promover a innovación, elaboramos un documento que agrupa todos os instrumentos dispoñibles para os axentes galegos.

Eventos de presentación
Presentaremos este mapa conxunto en 8 eventos de networking organizados en colaboración con todas as consellerías. Anota na túa axenda e non te perdas esta oportunidade de interactuar co ecosistema de innovación de Galicia que poden facer das túas ideas unha realidade:
Networkings na túa provincia
Coa colaboración das Confederacións Empresariais de cada provincia, contaremos o mapa de axudas conxunto e escoitaremos as experiencias de empresas que foron beneficiarias destes apoios nos últimos anos. As datas son as seguintes:
- 8 de febreiro. Sede da Confederación de Empresarios de Ourense
- 17 de febreiro. Sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra
- 22 de febreiro. Sede da Confederación de Empresarios de Lugo
- 28 de febreiro. Sede da Confederación de Empresarios de A Coruña
Networkings sectoriais
Se a túa empresa pertence ao sector social, primario, minaría, enerxía, construción, ou relacionados coa función loxística ou a enxeñería, nestas xornadas abordaremos as tendencias de innovación e como está máis preto da realidade empresarial do que cremos. Acompañarannos expertos na materia e conversaremos con empresas galegas con experiencia en innovación. Estes eventos realizaranse na sede da Axencia Galega de Innovación e online. O formulario de inscrición estará dispoñible nos próximos días!

- 02 de marzo. A innovación social como panca do benestar da sociedade galega

- 08 de marzo. A innovación no sector primario, transformando os recursos en competitividade

- 15 de marzo. O valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial

- 22 de marzo. O futuro da minaría, a enerxía e a construción sostible a través da innovación

Se queres saber máis sobre estes eventos, xa podes inscribirte nos eventos provinciais a través da sección de eventos da páxina web da Axencia Galega de Innovación

Eventos

Novas

Ver todas

24 de Xaneiro de 2023

A Xunta informa sobre as oportunidades dos programas europeos de I+D+i para impulsar a competitividade das pemes galegas

Ler máis

23 de Xaneiro de 2023

A Xunta destaca que o convenio entre Telespazio e a Universidade de Vigo é un exemplo das simbioses que xera o Polo Aeroespacial de Galicia

Ler máis

20 de Xaneiro de 2023

Conde apunta que os premios Bioga reivindican o talento do sector biotecnolóxico en Galicia

Ler máis

Eventos

Ver todos
03
Febreiro
Convocatorias do Cluster 6 Horizonte Europa: Alimentación, Bioeconomía, Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente e Cluster 5: Clima

15
Febreiro
Galicia Avanza. Programa de aceleración para a internacionalización das pemes

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.