Ver versión en liña

Impulsando a transferencia de coñecemento en Galicia

O venres 24 de febreiro celebraremos o Foro Ignicia 2023 na sede da Fundación Barrié na Coruña, un encontro que contará con relatores nacionais e internacionais, no que amosaremos o carácter pioneiro da nosa Comunidade impulsando a transferencia de coñecemento.

Foro Ignicia 2023
Compartamos a visión de futuro da transferencia!


Coñece os próximos pasos do Programa Ignicia, con novos mecanismos para facilitar a transferencia

Conversa coas start-ups impulsasdas a través da convocatoria Ignicia Proba de Concepto: Celtarys Research, Indestia e Alén Space

Coñece o Programa EIC Transition, o programa europeo para convertir as tecnoloxías en novos modelos de negocio disruptivos

Inspírate en Oxentia, a empresa de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford
Consulta o programa nesta ligazón Inscríbete aquí
O Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, promovido desde 2016 pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié, ten como obxectivo transferir os resultados da I+D xerada nos centros de coñecemento galegos ao tecido produtivo, de xeito que se valorice o investimento en ciencia, xerando tamén impacto na sociedade.
RECORDA: SEGUE ABERTA A CONVOCATORIA IGNICIA PROBA DE CONCEPTO
Os investigadores tedes ata o 28 de febreiro para poder presentar as solicitudes para a Convocatoria Proba de Concepto, instrumento de apoio económico do Programa Ignicia.

Unha panca imprescindible para pasar da ciencia á empresa

Acompañamento aos investigadores para converterse en emprendedores Para pasar da investigación a innovación, do laboratorio á comercialización
Avalía a túa idea de negocio cos referentes en transferencia, Oxentia, e define, xunto a expertos, un plan empresarial exitoso Para todo isto e máis, un 100% de financiamento para validar a túa tecnoloxía e convertila nun produto que dea resposta ás demandas do mercado
Máis información nesta ligazón

Novas

Ver todas

15 de Febreiro de 2023

Xunta ve no talento que participa en Galicia Avanza a oportunidade para seguir afianzando o mellor ciclo exportador

Ler máis

14 de Febreiro de 2023

Talento, cooperación e sustentabilidade, grandes retos do sector aeronáutico e aeroespacial galego

Ler máis

13 de Febreiro de 2023

A Xunta creará un consello empresarial para coordinar actuacións no sector aeroespacial a través da colaboración público-privada

Ler máis

Eventos

Ver todos
17
Febreiro
Presentación do mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á investigación e á innovación 2023 na CEP

22
Febreiro
Presentación do mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á investigación e á innovación 2023 na CEL

28
Febreiro
Presentación do mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á investigación e innovación 2023 na CEC

02
Marzo
A innovación social como panca do benestar da sociedade galega

08
Marzo
A innovación no sector primario, transformando os recursos en competitividade

15
Marzo
O valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial

22
Marzo
O futuro da minaría, a enerxía e a construción sostible a través da innovación

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.