Ver a versión en liña

Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2023

A Axencia Galega de Innovación e a Academia Galega de Ciencias (RAGC) veñen de convocar os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2023. Estes galardóns, que chegan á súa novena edición, queren recoñecer o traballo do persoal investigador e do empresariado que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 15 de abril.

Categorías
Premio Francisco Guitián Ojea
a un traballo de investigación aplicada, dotado con 6.000 €. Recoñece o éxito dun grupo de investigación na creación dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Premio Fernando Calvet Prats
a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación, dotado con 6.000 €. O premio irá destinado ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida con máis éxito ao sector empresarial.

Premio Ricardo Bescansa Martínez
a un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida, dotado con 6.000 €. Concederaselle á empresa que acredite a mellor implantación de tecnoloxía transferida desde un grupo de investigación galego.

Consulta as bases dos premios e anímate a participar!

Bases dos premios
Reserva a data para a Presentación da RIS3 Galicia 21-27 e do Plan Operativo FEDER 21-27!!
O próximo 28 de marzo celebraremos en Santiago de Compostela a presentación da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) 21-27 e do Plan Operativo FEDER 21-27. En vindeiros boletíns, informaremos con máis detalle sobre este evento. Polo momento, podes reservar ese día na túa axenda!

Novas

Ver todas

23 de Febreiro de 2023

A empresa porriñesa Quobis Networks internacionaliza a súa propia plataforma de comunicación co apoio da Xunta de Galicia

Ler máis

22 de Febreiro de 2023

A Xunta destaca que a posta en marcha da oficina Conecta en Lugo mellorou a participación das empresas nas axudas á innovación

Ler máis

22 de Febreiro de 2023

A Xunta abre mañá o prazo para realizar achegas ao proxecto de decreto que regula a carreira investigadora na Administración galega

Ler máis

Eventos

Ver todos
24
Febreiro
Foro Ignicia 2023: Impulsando a transferencia de coñecemento en Galicia

28
Febreiro
Presentación do mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á investigación e innovación 2023 na CEC

02
Marzo
A innovación social como panca do benestar da sociedade galega

08
Marzo
A innovación no sector primario, transformando os recursos en competitividade

15
Marzo
O valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial

22
Marzo
O futuro da minaría, a enerxía e a construción sostible a través da innovación

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.