Ver versión en liña

Decreto de carreira investigadora nos centros públicos de Galicia

O pasado xoves a Xunta de Galicia publicou no Portal de Transparencia o proxecto de decreto polo que se regula a carreira investigadora na Administración xeral da Comunidade e nas súas entidades instrumentais, que abre agora o prazo para a presentación de suxestións ata o 15 de marzo. O decreto permitirá a estabilización do persoal de investigación actual e fixa o camiño para a contratación futura, creando un marco que garante a mellora e homoxeneización das condicións laborais.

Marco común
Esta norma responde á necesidade de regular un marco común, atractivo e estable de desenvolvemento profesional para o persoal investigador e técnico da Xunta de Galicia e das súas entidades instrumentais, ofrecendo un estatuto pioneiro no ámbito estatal.
Este novo marco facilitará a captación, retención e atracción de talento, contribuíndo deste xeito ao avance da ciencia, xa que as persoas son o principal activo do sistema de ciencia, tecnoloxía e innovación.
Estabilización e mellora das condicións
Esta norma:
  • Permitirá a estabilización do persoal actual e fixará o camiño para a contratación futura, así como un marco de condicións de traballo que garanta a progresión na carreira profesional, mellorando e homoxeneizando as condicións.
  • Reforzará a investigación que se realiza nos centros públicos de I+D para consolidar as capacidades de Galicia en sectores estratéxicos como a biotecnoloxía, a saúde, as ciencias mariñas ou o agrogandeiro, entre outros.
  • Facilitará a mobilidade do persoal fomentando así a súa formación, a colaboración entre o tecido investigador e o tecido empresarial e o desenvolvemento de actividades empresariais que valoricen a ciencia, por parte do persoal de investigación.
Unha norma consensuada
Superado o trámite de consulta pública previa e tras un intenso traballo con todos os axentes implicados , a Xunta de Galicia continuará avanzando nesta futura norma que pretende ser o resultado dun proceso de consenso. Tras a fase actual de exposición pública, aberta ata o 15 de marzo, o proxecto de decreto terá que superar diferentes trámites co obxectivo de que poida estar aprobada esta primavera.

Novas

Ver todas

28 de Febreiro de 2023

A Xunta achega ás pemes coruñesas os apoios para impulsar a súa competitividade a través da innovación

Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Marzo
A innovación no sector primario, transformando os recursos en competitividade

16
Marzo
O valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial

22
Marzo
O futuro da minaría, a enerxía e a construción sostible a través da innovación

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.