Ver versión en liña

Evento de presentación da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027

O vindeiro 28 de marzo celebrarase o evento de presentación da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 e do Programa Feder Galicia 2021-2027, nun encontro organizado conxuntamente pola Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación e a Consellería de Facenda e Administración Pública.

Tras un intenso traballo de deseño da RIS3, no que participaron dun xeito activo osaxentes do ecosistema galego de ciencia, tecnoloxía e innovación e da sociedade, chegou o momento de presentar a Estratexia que marcará o noso camiño para os próximos anos.
O evento contará coa participación do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, do Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, ademais de diversas autoridades do Ministerio de Ciencia e Innovación, Ministerio de Facenda e Función Pública e da Comisión Europea. Tamén se celebrará unha mesa redonda con axentes de I+D+i para analizar as oportunidades que ofrece esta nova estratexia.
Prioridades da RIS3
A sustentabilidade, a dixitalización e a orientación dos esforzos da ciencia, a tecnoloxía e a innovación cara as necesidades das persoas concentran as tres grandes prioridades de especialización da RIS3 Galicia. O obxectivo último é actuar como panca para impulsar a competitividade da rexión, consolidando un modelo de desenvolvemento económico, social e industrial sustentable e baseado no coñecemento.

Contamos coa túa asistencia!. Podes inscribirte na seguinte ligazón:

Inscríbete!

Novas

Ver todas

08 de Marzo de 2023

A Xunta convida ás empresas do sector primario a seguir apostando pola innovación para incrementar a súa competitividade

Ler máis

06 de Marzo de 2023

O Polo Aeroespacial de Galicia incorpora unha infraestrutura única en España para a experimentación con aeronaves non tripuladas

Ler máis

Eventos

Ver todos
13
Marzo
Xornada informativa programa bonos de innovación

16
Marzo
O valor da función loxística e as enxeñarías na innovación empresarial

22
Marzo
O futuro da minaría, a enerxía e a construción sostible a través da innovación

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.