Ver versión en liña
 
 
 

Novas actividades de fomento das vocacións científico- tecnolóxicas en Ferrol

A Axencia Galega de Innovación, a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, amplía neste 2023 a oferta de actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas no marco do programa D´tec. Estas novas propostas, dirixidas tanto á comunidade educativa como ás familias, perseguen achegar a innovación, a ciencia, o deseño, os materiais innovadores e as novas tecnoloxías a todos os públicos.
Novidades
Ademais dos talleres para estudantes de primaria e secundaria e os espectáculos científicos para o alumnado da ESO, bacharelato e FP, en 2023 súmanse á oferta de actividades do programa D´tec campamentos para rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos e cine científico dirixido ás familias ou calquera persoa interesada en achegarse á ciencia, á tecnoloxía e á innovación.
Talleres
Desenvolveranse de marzo a decembro de 2023, todos os meses lectivos, dirixidos ao alumnado de terceiro ciclo de primaria, secundaria obrigatoria, ciclos formativos e bacharelato. As actividades céntranse nos eidos de coñecemento do CIS Tecnoloxía e Deseño: Materiais innovadores, deseño e tecnoloxías de Realidade Aumentada (AR) e Virtual (VR).
Espectáculos científicos
Celebraranse dende abril, os meses lectivos de 2023, pensados para o alumnado de secundaria obrigatoria, ciclos formativos e bacharelato. A súa finalidade última é espertar no alumnado o interese pola innovación e conciencialo sobre a súa importancia social.
Campamentos científicos
Os días 3, 4 e 5 de abril celebrarase a primeira edición deste campamento científico. Durante tres xornadas, estudantes de Ferrolterra gozarán da oportunidade de levar a cabo proxectos que irán da AR e a VR á programación e ao deseño. Haberá novos campamentos en xullo e en decembro.
Cine científico
O programa D’tec medra máis alá da comunidade educativa, invitando ás familias a gozar de películas relacionadas coa ciencia. Tras o visionado, desenvolverase un show científico no que se analizará a verosimilitude da película con experimentos e demostracións espectaculares.

Información e inscricións na web do CIS Tecnoloxía e Deseño

Inscríbete!

Novas

Ver todas

21 de Marzo de 2023

A Xunta apoia ás pemes lucenses para que dean os primeiros pasos na innovación

Ler máis

21 de Marzo de 2023

A Xunta apoia ás pemes lucenses para que dean os primeiros pasos na innovación

Ler máis

20 de Marzo de 2023

O CESGA e Dihgigal poñen ao servizo das pemes galegas servizos de computación de altas prestacións para incrementar a súa competitividade

Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Marzo

Presentación do Programa Galicia FEDER e da RIS3 Galicia 2021-2027

Inscríbete!
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.