Ver versión en liña

Presentamos o Programa Galicia Feder 21-27 e a RIS3 Galicia 21-27

O pasado martes presentáronse na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela o Programa Galicia Feder 2021-2027 e a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) Galicia 2021-2027, nun acto no que participaron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos. Se queres profundizar máis ou te perdiches o evento, achegámosche neste boletín o acceso aos vídeos, presentacións e documentos que se empregaron na xornada.

RIS3 Galicia
A estratexia para o período 2021-2027 mantén os tres grandes retos da anterior, pero incorpora tres novas prioridades: a sostibilidade, a dixitalización e o enfoque cara ás necesidades das persoas. Entre as novidades desta nova estratexia poden destacarse o establecemento de misións para apoiar entre 4 e 6 grandes proxectos transformadores, o desenvolvemento da Marca Galicia a nivel internacional en I+D+i e o fomento do liderado da muller na innovación. Na súa elaboración contou coa participación de máis de 800 representantes de 500 axentes diferentes (empresas, centros de coñecemento e tecnolóxicos, Administracións públicas e sociedade).
A RIS3 Galicia aspira a mobilizar entre 2022 e 2027 preto de 5.000 millóns dos que 3.000 corresponden a fondos públicos das diferentes administracións e 2.000 millóns a mobilización privada.
Vídeo RIS3 Galicia
Consulta a Estratexia
Consulta o folleto
Galicia FEDER 21-27
As prioridades para o período 2021-2027 do Programa Galicia Feder pasan por construír unha Galicia máis competitiva e intelixente, máis verde e máis conectada e social. Para elo, prevese un investimento total nesta nova etapa de 1.567 millóns de euros (940,2 millóns de axudas da UE e 626,8 millóns de contribución a través do cofinanciamento autonómico). Deses fondos, 419,2 millóns vanse investir na construción dunha Europa máis competitiva e intelixente; 378,7 millóns son para unha Europa máis verde; para unha Europa máis conectada se destinan 63,1 millóns e 79,2 millóns máis son para unha Europa máis social e inclusiva. Tamén se destinará un 30,2 % dos recursos aos obxectivos da loita contra o cambio climático e un 8 % aos de biodiversidade.

Vídeo Galicia FEDER
Consulta o folleto
Consulta a presentación

Podes ver os vídeos do evento do pasado martes nesta ligazón!

Vídeos

Novas

Ver todas

24 de Marzo de 2023

A Xunta destaca que o centro de investigación empresarial de Mestrelab sitúa a Marca Galicia como referente internacional en biotecnoloxía

Ler máis

Eventos

Ver todos
12
Abril
Xornada presentación de convocatorias Horizonte Europa – Cluster 2

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.