Ver versión en liña

Novas convocatorias de aceleración abertas do EIT Urban Mobility

A iniciativa EIT Urban Mobility ten actualmente abertas dúas convocatorias dos seus programas de aceleración dirixidas a startups con data de peche o 21 de abril. Nesta iniciativa europea participan o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) como socio fundador e a Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia como socio dinamizador. Así mesmo, Gain vén de sumarse ao Ecosistema de Innovación Europeo do Consello Europeo de Innovación (EIC) co obxectivo de conectar o ecosistema de innovación galego cos beneficiarios dos programas de apoio do EIC.

Convocatorias do aceleración do EIT Urban Mobility
Prazo de presentación:
ata o 21 de abril

A EIT Urban Mobility é unha iniciativa do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT), na que participan como socios Gain e o CTAG co obxectivo de transformar a mobilidade urbana. Neste marco, están actualmente abertas dúas convocatorias dos seus programas de aceleración:

A aceleradora E+Mobility ten como obxectivo transformar startups innovadoras acelerando os seus modelos de negocio, ao tempo que axuda ás cidades e empresas a resolver os seus retos de mobilidade urbana de forma máis rápida e eficiente.
As 10 startups seleccionadas no programa ademais dunha axuda de 2.500 euros contarán co apoio de titorización empresarial e técnica que facilitará o acceso a axentes clave para a validación técnica e comercialización e conectalos e preparalos para crear pilotos con partes interesadas relevantes.
O CTAG coordina o servizo de mentoring co obxectivo de apoiar as startups seleccionadas.
Máis información

A aceleradora UAM Plazza ten como obxectivo axudar ás startups no ámbito da mobilidade aérea urbana e impulsar a introdución das súas solucións no mercado. Entre outros servizos, o programa ofrece talleres para a validación de mercados e tecnoloxías, negocios e regulación; coaching de desenvolvemento empresarial a medida; participación en eventos; conexión co ecosistema global de UAM; e acceso ás iniciativas de investimento do EIT Urban Mobility.

Podes solicitar información ao CTAG para presentar as vosas candidaturas a través do correo: eitum.accelerator@ctag.com
Máis información
Gain únese ao ecosistema de innovación do EIC

Gain vén de unirse como socio á nova iniciativa do Consello Europeo de Innovación (EIC), o Ecosystem Partnerships and Co-Investment Support Programme, que é unha rede de socios locais que complementan o actual catálogo de servicios de apoio á aceleración de startups (o EIC BAS). Trátase dun programa piloto que ten como misión conectar ás máis de 6000 empresas e 430 equipos de investigación europeos, para que poidan acceder a servizos específicos e establecer asociacións beneficiosas para a súa consolidación empresarial.
Gain forma parte dos primeiros 30 socios desta nova rede, sendo unha das tres únicas entidades españolas adheridas nesta fase. Deste xeito, aspiramos a visibilizar a rexión como ecosistema idóneo para a constitución e escalado de startups nos retos e prioridades da RIS3 de Galicia.
Gain, no marco desta iniciativa, ofrecerá durante este ano 2023 servizos relacionados cos programas de aceleración de Galicia (as Business Factories), o programa de transferencia Ignicia e os servizos relacionados co Polo Aeroespacial de Galicia. A este catálogo de servizos posto en marcha polo EIC poderán acceder únicamente os beneficiarios dos programas de financiamento do EIC (convocatorias Pathfinder, Transition e Accelerator) ou que obtiveran Selos de Excelencia nestas convocatorias.

Novas

Ver todas

04 de Abril de 2023

A Xunta defende un traballo colectivo na aplicación das tecnoloxías intelixentes á industria

Ler máis

Eventos

Ver todos
18
Abril
Evento Conecta Mar. A innovación da industria pesqueira en Galicia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.