Ver versión en liña

A Porto Design Biennale elixe a Galicia como rexión convidada

Galicia será a protagonista da edición 2023 da Porto Design Biennale, o maior evento bienal de deseño da península ibérica.

Collemos así o relevo de Italia e Francia, países invitados das edicións 2019 e 2021, en recoñecemento ao labor de impulso ao deseño que está realizando a Xunta de Galicia a través de iniciativas como o Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 - Diferenza e o labor da Fundación Artesanía de Galicia.
O evento foi presentado onte polos alcaldes de Porto e Matosinhos, territorios promotores da bienal, que terá lugar a partir do 19 de outubro.
A participación protagonista de Galicia no evento será coordinada por David Barro, asesor do programa Diferenza e director da Fundación DIDAC, en calidade de comisario do país invitado.
A programación, que será presentada proximamente en detalle, incluirá un amplo abano de actividades centradas no deseño para a innovación e a artesanía con selo galego:

Un proxecto editorial
Conferencias e talleres
 
Unha exposición de gran formato que permanecerá aberta en Matosinhos durante toda a duración da Porto Design Biennale.
 
Este fito permitirá reforzar de xeito significativo a difusión e promoción do deseño galego a nivel internacional, dada a relevancia que a Porto Design Biennale alcanzou nas súas dúas primeiras edicións, con máis de 70.000 participantes.
Conversas en rede
A promoción do talento máis efervescente do deseño galego é tamén o obxectivo das Conversas en rede, que celebra a súa primeira cita do ano o próximo 3 de maio ás 11 horas.
Esta serie de diálogos retransmitidos en streaming son unha iniciativa da Axencia Galega de Innovación e a Fundación DIDAC no marco do programa Diferenza para abrir unha ventá ás novas tendencias a nivel global da man de deseñadores e deseñadoras galegos con gran proxección internacional.
Nesta ocasión, os invitados son Sara Regal e Isaac Piñeiro, gañadores dos III Premios Galicia de Innovación e Deseño nas categorías de talento emerxente e profesionais do deseño, respectivamente.
Inscríbete!

Novas

Ver todas

18 de Abril de 2023

alicia busca abrir o camiño a novas pemes da cadea mar-industria para que fagan da innovación o seu sinal de identidade

Ler máis

17 de Abril de 2023

A Xunta de Galicia pon en valor a especialización intelixente como estratexia para aumentar o impacto das políticas de I+D+i

Ler máis

14 de Abril de 2023

A Xunta salienta que UARX Space exemplifica o coñecemento, talento e innovación da industria aeroespacial de Galicia

Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Maio
Curso online: Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+D+i

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.