Ver versión en liña

Próximos eventos da Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de Innovación celebrará o vindeiro 7 de xuño de 2023 o III Encontro Oportunius. Así mesmo, o 8 de xuño organizamos, en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación (CDTI), a xornada anual de presentación das liñas de apoio deste organismo estatal á I+D+i . Por último, o 21 de xuño celebraremos unha xornada sobre oportunidades de financiamento nos novos partnerships Horizonte Europa , enmarcada no Ciclo Europa.

Anota estas tres citas na túa axenda!

III Encontro Oportunius
O obxectivo deste encontro é dar a coñecer o impacto que están a ter as axudas do European Research Council (ERC) no impulso da ciencia excelente na nosa comunidade, e como o programa Oportunius está a contribuír a maximizar este impacto.
Está dirixido a todo o persoal investigador de institucións galegas, científicos e xestores dos centros de investigación galegos con interese en coñecer os proxectos ERC de Galicia e o apoio do programa Oportunius.
O encontro incluirá unha presentación sobre o posicionamento de Galicia e España na captación de axudas do ERC a cargo do Director de Internacional de Fecyt (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía). De seguido, persoal investigador gañador dunha axuda do ERC achegará a súa experiencia no desenvolvemento dos seus proxectos e o impacto na súa carreira científica. Ademais, participarán por primeira vez investigadores finalistas das axudas do ERC apoiados tamén polo Programa Oportunius.
Axudas á investigación e innovación empresarial
Como cada ano, o xoves 8 de xuño acolleremos a xornada anual de presentación das liñas de axuda do CDTI á I+D+i empresarial, así como os programas de apoio de Gain e as complementariedades entre ambos.
A xornada está dirixida a todos os axentes do sistema galego de innovación.
Oportunidades de financiamento dos novos Partnerships Horizonte Europa

Pola súa banda, dentro do Ciclo Europa, o 21 de xuño celebraremos unha xornada sobre oportunidades de financiamento dos novos partnerships de Horizonte Europa.

O obxectivo desta xornada é dar a coñecer as oportunidades que ofrece unha das grandes novidades de Horizonte Europe (HE), que son os chamados novos partneriados cofund. Son grandes alianzas temáticas (economía azul, seguridade da auga, biodiversidade, transición cara a enerxía limpa, transición urbana, etc.), que realizan convocatorias de axudas para proxectos con fondos que non proveñen de HE pero que están aliñados con eles.
Nesta ocasión, presentamos os partenariados que xa están en marcha, aínda que irán aparecendo outros, con outras temáticas, convocatorias e fondos.
Entre os contidos que se abordarán, atópanse a estrutura e tipoloxía de proxectos que se financian a través deste instrumento; as temáticas das convocatorias de 2023/24; as condicións de participación e financiamento que ofrece CDTI e as claves para a preparación de propostas.
As entidades que o soliciten, poderán manter unha reunión bilateral cos puntos nacionais de contacto de CDTI para os partenariados cofinanciados por HE.
Pola variedade de temáticas e tipoloxía de proxectos que poden financiar os partenariados, a xornada é de interese para calquera entidade.

Nos vindeiros días, disporemos dos programas e formularios de inscrición para poder asistir a estas xornadas. Permanece atento á sección de eventos da web de Gain!

Eventos

Novas

Ver todas

07 de Maio de 2023

A Xunta explora en Denver novas oportunidades de negocio para o Polo Aeroespacial de Galicia

Ler máis

Eventos

Ver todos
31
Maio
Comercialización de software e know-how dixital

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.