Ver versión en liña

Convocatoria de Fábrica Intelixente e Sostible

O Consello da Xunta aprobou esta mañá a quinta convocatoria do programa Fábrica Intelixente e Sostible, que destinará 24M€ ata 2026 a promover iniciativas empresariais de I+D e innovación de carácter estratéxico para o tecido industrial galego centradas no desenvolvemento de tecnoloxías dixitais e verdes. O obxectivo é impulsar proxectos transformadores para conseguir un novo modelo industrial baseado na innovación, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e de transición verde.

Obxecto:
Apoiaranse tanto proxectos de I+D, como de innovación en materia de procesos ou organización, individuais ou en cooperación.
Dirixido a:
Pequenas, medianas e grandes empresas así como organismos de investigación públicos ou privados e centros tecnolóxicos.
Intensidade da axuda:
As axudas terán unha intensidade de entre o 15% e o 60%.
Dotación da convocatoria
24M€ coa previsión de mobilizar 70M€.
Prazo de solicitude:
Dende a súa publicación no DOG (prevese para as vindeiras semanas) ata o 2 de outubro.

Novas

Ver todas

31 de Maio de 2023

A Xunta destaca a contribución do proxecto Smart Lean Platform 4.0 for people á dixitalización da industria galega

Ler máis

30 de Maio de 2023

A Xunta convida ás entidades europeas de seguridade aérea a cooperar para acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e regulamentario das operacións con vehículos aéreos non tripulados

Ler máis

26 de Maio de 2023

A aceleradora Business Factory Aero da Xunta lanza hoxe a súa quinta edición para captar novos proxectos de alto impacto do sector aeroespacial

Ler máis

Eventos

Ver todos
02
Xuño
Xornadas learning by doing: Fomento das Vocacións Tecnolóxicas e a Innovación no Sector Naval

07
Xuño
III Encontro Oportunius: Impulso da Ciencia Galega Excelente enmarcada no European Research Council (ERC)

08
Xuño
Financiamento da I+D+i: axudas e actuacións do CDTI e GAIN en 2023

21
Xuño
Oportunidades de financiamento nos novos Partnerships HE

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.