Ver versión en liña

Novas xornadas do Ciclo Europa

Nas vindeiras semanas celebraremos tres novas xornadas do Ciclo Europa co obxectivo de difundir as oportunidades de financiamento da I+D+i que ofrece o programa Horizonte Europa da Comisión Europea. As xornadas abordarán os partenariados cofund -unha das grandes novidades de HE-, as convocatorias do programa europeo “Seguridade Civil para a Sociedade” e o programa EUROSTARS-3 dirixido a proxectos de I+D en cooperación internacional.

Oportunidades de financiamento nos novos Partnerships Horizonte Europa

Cando: 21 de xuño ás 10:00 horas
Onde: Sede da Axencia Galega de Innovación e online
En que consiste: O obxectivo desta xornada é dar a coñecer as oportunidades que ofrece unha das grandes novidades de Horizonte Europe (HE), que son os novos partneriados cofund. Son grandes alianzas temáticas (economía azul, seguridade da auga, biodiversidade, transición cara a enerxía limpa, transición urbana, etc.), que realizan convocatorias de axudas propias.
Presentaranse os partenariados que xa están en marcha; explicarase a estrutura e a tipoloxía de proxectos que se financian a través deste instrumento; así como as temáticas das convocatorias de 2023/24; as condicións de participación; o financiamento que ofrece CDTI e as claves para a preparación de propostas.
As entidades que o soliciten, poderán manter unha reunión bilateral cos puntos nacionais de contacto de CDTI para os partenariados cofinanciados por HE.
Programa Inscrición
Xornada Informativa sobre as Convocatorias 2023-24 do Clúster 3 de Horizonte Europa

Cando: 11 de xullo ás 10:00 horas
Onde: Sede da Axencia Galega de Innovación e online
En que consiste: Ten por obxectivo presentar as oportunidades de financiamento para os próximos dous anos do Clúster 3 de Horizonte Europa, as condicións e detalles para participar, así como algunhas testemuñas de casos de éxito. Ademais de oportunidades para entidades relacionadas directamente coa seguridade, incluíndo a ciberseguridade, estas convocatorias tamén son de interese para empresas e persoal investigador que desenvolvan solucións de aplicación ao sector da seguridade.
Tras a sesión, poderanse solicitar revisións de propostas ou reunións para aclarar dúbidas cos puntos nacionais de contacto do Clúster 3.
Programa Inscrición
Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3

Cando: 20 de xullo ás 10:00 horas
Onde: Sede da Axencia Galega de Innovación e online
En que consiste: Este taller destinado a pemes, ten como obxectivo descubrir os aspectos clave para a preparación de propostas á convocatoria do Programa EUROSTARS-3, orientado a apoiar proxectos de I+D colaborativos transnacionais.
Esta convocatoria pecha o vindeiro 14 de setembro.
Ademáis informarase sobre a terceira convocatoria do Programa InnoWide, que apoia a pemes innovadoras de calquera sector que busquen iniciar negocios e mercados fóra de Europa.
Poderanse solicitar reunións individuais con expertos do CDTI.
Programa Inscrición
Á volta do verán continuaremos coas xornadas do Ciclo Europa, neste caso centradas nas convocatorias de 2024

Novas

Ver todas

07 de Xuño de 2023

Rueda enxalza as oportunidades que ofrece Galicia para captar, reter e aumentar talento investigador

Ler máis

06 de Xuño de 2023

A Xunta anima ás pemes galegas a innovar seguindo o exemplo de empresas como Jim Sports

Ler máis

Eventos

Ver todos
09
Xuño
Xornadas learning by doing: Fomento das Vocacións Tecnolóxicas e a Innovación no Sector Naval

22
Xuño
Xornada: Retos na valorización de residuos plásticos

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.