Ver versión en liña
 

VI Encontro de Deseño
para a Innovación
Empresarial en Galicia



O impacto económico, social e medioambiental do deseño
O Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia volve o próximo 29 de xuño ao CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) para conmemorar, por sexto ano consecutivo, o Día Mundial do Deseño Industrial.
A Axencia Galega de Innovación organiza este evento para amosar o potencial do deseño como recurso estratéxico para a innovación sostible e a competitividade.
As persoas participantes terán acceso a unha visión práctica e aplicada a través da presentación das experiencias de empresas e entidades galegas en relación a:
  • O deseño con propósito e a medición do seu impacto na estratexia empresarial.
  • O deseño como medio para unha innovación inclusiva e para o emprendemento social.
  • O deseño ao servizo do desenvolvemento sostible.
TRES ENFOQUES

O encontro, que se celebra no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 - DIFERENZA, terá como eixe central tres intervencións:
  • Deseño e impacto económico. Gabeiras & Asociados e Desoños.
  • Deseño e impacto social. DesignThinking.gal e Envita.
  • Deseño e impacto para o desenvolvemento sostible. Sinerxia Plus e The Painter’s Wife.
PÚBLICO OBXETIVO
O evento está aberto a:
  • Representantes de pemes e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación, competitividade e sostibialidade nas súas organizacións.
  • Profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industrial e de produto).
  • Estudantes de deseño e outras disciplinas relacionadas.
PROGRAMA E INSCRICIÓN
  • Podes consultar o programa clicando aquí.
  • Accede ao formulario de inscrición neste enlace.

Novas

Ver todas

14 de Xuño de 2023

A Xunta destaca en Nigrán a contribución do sector aeroespacial á transformación industrial de Galicia

Ler máis

09 de Xuño de 2023

A Unidade mixta de investigación de Grupo Antolín e CTAG avanza na seguridade e confort do automóbil

Ler máis

Eventos

Ver todos
21
Xuño
Oportunidades de financiamento nos novos Partnerships HE

22
Xuño
Xornada: Retos na valorización de residuos plásticos

27
Xuño
Xerando simulacións virtuais en webXR

12
Xullo
CAMBIO DE DATA: Convocatorias do CL3 de Horizonte Europa

20
Xullo
Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.