Ver versión en liña

Próxima convocatoria dos programas Innovapeme e Deseñapeme dotados con 4,5M€

A Axencia Galega de Innovación convocará proximamente as axudas dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme dirixidos a impulsar a innovación e o deseño nas pequenas e medianas empresas galegas. Estes dous programas aspiran a financiar 60 plans de deseño e innovación e o deseño nas pemes, cunha mobilización de 9M€.

Obxecto:
Dar resposta ás necesidades das pemes, en especial as menos innovadoras de sectores tradicionais, paliando a súa falla de recursos e coñecemento en materia de innovación. Así, a través de DeseñaPeme apóiase a innovación en produto, servizo e experiencias, ademais de marca e identidade; mentres que InnovaPeme céntrase na innovación en procesos e organización.
Beneficiarios:
Microempresas, pequenas e medianas empresas e entidades do terceiro sector.
Características dos plans:
• Os solicitantes poderán solicitar aopoio a través dunha ou ambas liñas, que financian dous tipos de plans:
  • Liña 1: Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade
  • Liña 2: Plans de innovación en procesos e organización
• Os plans deben consistir nun conxunto completo e coherente de actividades.
• Orzamento subvencionable: 50.000-150.000€/plan.
Duración máxima para o desenvolvemento dos plans: Ata 30 de setembro de 2024. Na liña 2, os plans deben ter unha duración mínima de 12 meses.
Intensidade da axuda:
50% (25.000-75.000€/plan) ata un máximo de 150.000€ por beneficiario.
Actividades incluídas:
• Liña 1: Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade
  • Deseño de produto
  • Deseño de servizos e experiencias
  • Deseño de marca e identidade corporativa
• Liña 2: Plans de innovación en procesos e organización
  • Actividades de innovación
  • Innovación en procesos
  • Innovación en organización
Taller de presentación da convocatoria:
  • Data: 13 de xullo
  • Lugar: Ribadeo e online
  • Programa e inscrición neste enlace

Se queres saber máis sobre estas convocatorias, consulta a web da Axencia Galega de Innovación!

Máis información

Novas

Ver todas

21 de Xuño de 2023

A Xunta aposta pola transferencia de coñecemento para que a ciencia se transforme en competitividade e benestar

Ler máis

19 de Xuño de 2023

A Xunta e a Fundación Barrié poñen o foco na transferencia dos resultados da investigación ao tecido produtivo e ao mercado

Ler máis

17 de Xuño de 2023

A Materioteca de Galicia celebrará en Ferrol unha xornada sobre innovación na valorización dos residuos plásticos

Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Xuño
Xerando simulacións virtuais en webXR

29
Xuño
VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia

06
Xullo
Presentación da convocatoria Fábrica intelixente e sostible 2023

12
Xullo
Xornada: Convocatorias do CL3 de Horizonte Europa

20
Xullo
Xornada de preparación de propostas EUROSTARS-3

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.