Ver versión en liña

Xornada de presentación da convocatoria Fábrica Intelixente e Sostible 2023

O vindeiro 6 de xullo celebraremos na sede da Axencia Galega de Innovación unha xornada de presentación da convocatoria de axudas 2023 do programa Fábrica Intelixente e Sostible. Esta liña, dotada con 24 millóns de euros, apoiará proxectos empresariais de I+D e innovación de carácter estratéxico para o tecido industrial galego centrados no desenvolvemento de tecnoloxías dixitais e verdes. Ademais da presentación das principais características da orde e resolver posibles dúbidas, celebrarase unha mesa redonda de casos de éxito na que participarán tres empresas beneficiarias doutras edicións.

Convocatoria 2023
O vindeiro día 6 de xullo publicarase a convocatoria do programa Fábrica Intelixente e Sostible, que manterá aberto o prazo de solicitude ata o 2 de outubro. Esta quinta edición, dotada con 24 millóns de euros, apoiará iniciativas empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego orientadas ao desenvolvemento de tecnoloxías dixitais e verdes que serán fundamentais para acadar un modelo produtivo innovador.
As axudas, que terán unha intensidade de entre o 15 e o 60%, diríxense tanto a pemes como a grandes empresas, así como a organismos de investigación que desenvolvan un proxecto de I+D en colaboración cunha ou varias compañías. Apoiaranse tanto proxectos de I+D, como iniciativas de innovación en materia de procesos ou organización - en ambos os dous casos, poderán ser proxectos individuais ou en cooperación-.
Xornada de presentación
Co obxectivo de presentar as principais características e novidades do programa, así como resolver dúbidas dos asistentes, celebraremos unha xornada o vindeiro 6 de xullo na sede da Axencia Galega de Innovación. Ademais, as empresas Benteler, Estrella Galicia e Finsa falarán da súa experiencia en convocatorias anteriores deste programa.
Inscríbete!

Novas

Ver todas

27 de Xuño de 2023

A Xunta celebra este xoves en Ferrol o VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial co foco no impacto na economía, a sociedade e o medio ambiente

Ler máis

Eventos

Ver todos
04
Xullo
Webinar xornada informativa da convocatoria recuperación excelencia NEOTEC para o ano 2023

07
Xullo
Xornada de Cine e show científico D’tec no CIS Tecnoloxía e Deseño

11
Xullo
Programa de capacitación para a transferencia en Humanidades e Ciencias Sociais

12
Xullo
Xornada: Convocatorias do CL3 de Horizonte Europa

13
Xullo
Xornada Conecta Lugo presentación programas de axudas da Axencia Galega de Innovación Innovapeme-Deseñapeme 2023 e axudas de IGAPE

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.