Ver versión en liña

Convocatorias de axudas abertas e próximas a publicarse

A Axencia Galega de Innovación ten actualmente abertas ou próximas a publicarse as seguintes liñas de axuda: rescate Neotec, Fábrica Intelixente e Sostible, Consolidación de grupos de investigación; posdoutorais; Business Factory Aero e InnovaPeme e DeseñaPeme. Informámoste a continuación das súas principais características.

Rescate Neotec
Obxecto: Axudas para o desenvolvemento de plans de negocio de empresas tecnolóxicas de recente creación que prevén a comercialización de produtos e servizos innovadores. Teñen que ser proxectos intensivos no uso de tecnoloxías ou coñecemento e avaliados positivamente polo programa Neotec do CDTI.
Beneficiarios: Pemes innovadoras que resultasen desestimadas por insuficiencia de orzamento na convocatoria dos programas NEOTEC e NEOTEC Mulleres Emprendedoras do ano 2022.
Intensidade da axuda: As axudas cubrirán todas as actuacións dos plans de negocio das compañías entre 2023 e 2025 e poderán financiar:
a) Ata o 70% do orzamento elixible da actuación. O importe máximo da subvención é de 250.000€ por beneficiario.
b) As actuacións que inclúan a contratación laboral de polo menos un doutor, poderán financiar ata o 85% do orzamento da actuación. O importe máximo de subvención dé e 325.000€ por beneficiario.
Prazo: Aberta ata o 20 de xullo
Máis información
Fábrica Intelixente e Sostible
Obxecto: Axudas orientadas a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar ás empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde.
Beneficiarios: - Pequenas, medianas e grandes empresas
- Organismos de investigación públicos ou privados
- Centros tecnolóxicos
Intensidade da axuda: Entre o 15% e o 60%
Prazo: 7 de xullo ao 2 de outubro
Máis información
Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas
Obxecto: Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i. Ten tres modalidades: Grupos de referencia competitiva; Grupos con potencial de crecemento e Proxectos de excelencia.
Beneficiarios: Universidades do SUG, organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC en Galicia.
Intensidade da axuda: 100%
Prazo: Aberta ata o 12 de xullo
Máis información
Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral
Obxecto: Axudas para a continuación da formación das doutoras e doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, para o un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita consolidar a súa traxectoria.
Beneficiarios: Persoas investigadoras co grao de doutor que se atopen, na data de peche da convocatoria, nalgún dos seguintes supostos:
1. Que estiveran contratadas na modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019 e que non renunciaran ao contrato.
2. Que estiveran contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2018, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizaron o contrato e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral de 2022.
Intensidade da axuda: 100%
Prazo: Aberta ata o 27 de xullo
Máis información
V Edición Business Factory Aero
Obxecto: Incubar,acelerar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado.
Beneficiarios: Emprendedores e empresas (con antigüedade máxima de 5 anos no programa de Incubación e Aceleración e de 7 anos no programa de Consolidación).
Intensidade da axuda: Apoio económico a fondo perdido de ata 60.000€ e acceso a capital risco ata 250.000€. Complementariamente, os proxectos contarán cunha bolsa de servizos tecnolóxicos de ata 10.000€.
Prazo: Aberta ata o 19 de xullo
Máis información
DeseñaPeme e InnovaPeme
Obxecto: Axudas dirixidas ás pemes para o financiamento das actividades en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (Liña 1), e en plans de innovación en procesos e organización (Liña 2), que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa.
Beneficiarios: Microempresas, pequenas e medianas empresas, entidades do terceiro sector de acción social con actividade económica que acredite categoría de peme e sen ánimo de lucro. Con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda.
Intensidade da axuda: 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa (Axudas entre 25.000€ e 150.000€).
Prazo: Do 13 de xullo ao 14 de agosto
Máis información
Non esquezas que podes inscribirte nas próximas xornadas sobre estas axudas na sección de eventos da web da Axencia Galega de Innovación ou consultar as xa realizadas na nosa canle de Vimeo

Novas

Ver todas

05 de Xullo de 2023

A Xunta impulsa a innovación nas pequenas empresas galegas do sector biotecnolóxico como Biopranaworld

Ler máis

Eventos

Ver todos
07
Xullo
Xornada de Cine e show científico D’tec no CIS Tecnoloxía e Deseño

11
Xullo
Programa de capacitación para a transferencia en Humanidades e Ciencias Sociais

12
Xullo
Xornada: Convocatorias do CL3 de Horizonte Europa

13
Xullo
Xornada Conecta Lugo: Presentación Innovapeme-Deseñapeme 2023 e axudas de IGAPE

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.