Ver a versión en liña

III edición do programa Doutoramentos Industriais

As consellerías de Economía, Industria e Innovación, por medio da Axencia Galega de Innovación, e a de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocarán proximamente a terceira edición das axudas para Doutoramentos Industriais. Este apoio permitirá a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos galegos para desenvolver a súa tese doutoral.

Máis información
Obxecto da axuda
Contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos galegos para desenvolver a súa tese doutoral nunha contorna empresarial
Tipos de proxectos que se apoian
Proxectos de investigación a desenvolver polos/as doutorandos/as orientados á resolución das necesidades e problemas da empresa ou centro de tecnolóxico, en colaboración cunha universidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que se encargará da formación investigadora da persoa doutoranda.

A empresa ou o centro tecnolóxico solicitante, proporá o proxecto de investigación industrial e a persoa doutoranda candidata, así como o compromiso de colaboración da universidade.
Obxectivos
  • Promover a transferencia de coñecemento entre as universidades e o tecido empresarial.
  • Potenciar a captación de persoal investigador para que desenvolva un proxecto de investigación nas empresas galegas que lles permita obter un doutoramento industrial.
  • Posibilitar a incorporación de persoal doutor xoven á contorna empresarial.
  • Fortalecer a colaboración entre as empresas e centros de innovación e tecnoloxía e as universidades do SUG.
Destinatarios
Empresas e centros tecnolóxicos con domicilio social ou centro de traballo en Galicia Universidades do Sistema Universitario de Galicia Persoal investigador matriculado nun Programa oficial de Doutoramento dunha universidade do SUG ou con compromiso de matriculación
Actividades subvencionables
A) Para as empresas ou centros tecnolóxicos:
  • Custos de contratación da persoa doutoranda: máximo de 24.000€/ano.
  • Gastos asociados á contratación e para o seguro: 1.000€/ano.
  • Outros gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial: máximo de 5.000€/ano.
  • Estadías de tres meses de duración: máximo de 6.000€.
B) Para as universidades do SUG: máximo 10.000€
  • Gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto no ámbito da universidade.
  • Custo da matrícula
Orzamento
O orzamento total do programa é de 1,89M€
Prazo de presentación
O prazo de presentación estará aberto do 18 agosto ao 18 de setembro de 2023.
A solicitude será presentada pola empresa ou o centro tecnolóxico de acordo cuha universidade do SUG.

Novas

Ver todas

18 de Xullo de 2023

A Xunta destaca a aposta pola innovación da empresa de San Cibrao das Viñas Formato Verde

Ler máis

17 de Xullo de 2023

A Xunta convoca axudas por 6,2 M€ para impulsar os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación

Ler máis

16 de Xullo de 2023

A Xunta abre a convocatoria dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño ata o 2 de outubro

Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Setembro
Programa de capacitación para a transferencia en Humanidades e Ciencias Sociais (online)

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.