Ver a versión en liña

Misións, un novo instrumento con potencial transformador

Un novo instrumento da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) 2021-2027 son as Misións. O seu obxectivo é articular grandes proxectos, con alcance estratéxico, capacidade tractora sobre o ecosistema de innovación e con potencial de xerar un impacto transformador na economía e na sociedade. Ademais, serán os axentes os que as seleccionen. Contamos contigo o 15 de setembro na xornada na que explicaremos este proceso participativo que se levará a cabo durante os meses de setembro e outubro.

Próximas convocatorias
A estas misións destinaremos 30M€ de fondos da Unión Europea a través de dúas convocatorias, que se publicarán en 2023 e en 2025.
Enfoque de cadea de valor
Estas misións, que serán seleccionadas polos propios axentes do ecosistema, teñen un enfoque de cadea de valor, é dicir, todos os sectores e todo tipo de proxectos poderán contribuír a elas. Apoiaranse proxectos nos que participen empresas tractoras, pemes, centros de coñecemento, administracións e sociedade.
Xornada de presentación
Reserva a data do próximo 15 de setembro para a xornada que celebraremos na sede da Axencia Galega de Innovación ás 12 horas, onde explicaremos como se levará a cabo este proceso.

Novas

Ver todas

26 de Xullo de 2023

A Xunta colabora con Stellantis na procura dunha planta máis flexible, sustentable e conectada

Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Setembro
Programa de capacitación para a transferencia en Humanidades e Ciencias Sociais (online)

18
Setembro
Cursos on-line Horizonte Europa

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.