Ver a versión en liña
 

Final de prazo para os Premios Galicia de Innovación e Deseño 2023

As empresas e profesionais que destacan no deseño e na innovación marca Galicia teñen aínda ata o 30 de setembro para preparar as súas candidaturas.

Os IV Premios Galicia de Innovación e Deseño, convocados pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación, contan con seis categorías.
Deseño Innovación
3 CATEGORÍAS 3 CATEGORÍAS
Talento emerxente: 15.000 €
Deseñadores e deseñadoras de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Profesionais: 15.000 €
Profesionais (persoas físicas ou estudos de deseño) cunha traxectoria de alomenos cinco anos de recoñecido prestixio no sector.

Empresas: carácter honorífico
Empresas consolidadas que incorporasen o deseño a súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, dez anos.
Traxectoria innnovadora: 15.000 €
Profesionais e líderes empresariais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose unha das súas características relevantes.

Pequena e mediana empresa: 15.000 €
Pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos cinco anos.

Grande empresa: carácter honorífico
Grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, dez anos.
Coñece aos gañadores e gañadoras da edición anterior:
Sara Regal Alonso
Premio Galicia de Deseño
Talento emerxente 2022
vídeo
Isaac Piñeiro Meira
Premio Galicia de Deseño
Profesionais 2022
vídeo
Unvi Carroceros
Premio Galicia de Deseño
Empresas 2022
vídeo
Catalina Fernández de Ana Portela - Hifas da Terra
Premio Galicia de Innovación
Traxectoria innovadora 2022
vídeo
Alén Space
Premio Galicia de Innovación
Pequena e mediana empresa 2022
vídeo
Compañía Española de Algas Marinas (Ceamsa)
Premio Galicia de Innovación
Grande Empresa 2022
vídeo
Accede ás bases e a toda a información clicando aquí.

Eventos

Ver todos
15
Setembro
Misións da RIS3 Galicia 21-27: un novo programa con potencial transformador

18
Setembro
Cursos on-line Horizonte Europa

19
Setembro
Evento presencial “Explorando os límites do Hardware RX”

20
Setembro
Tecnoloxías Transformadoras para Innovar nos próximos anos

28
Setembro
Encontro de Transferencia e Innovación en Novos Materiais

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.