Ver a versión en liña

Iniciamos o proceso participativo para seleccionar as Misións RIS3

O pasado venres lanzamos o proceso de identificación de Misións RIS3 no marco da xornada de presentación deste novo instrumento coa posta a disposición dun cuestionario dirixido a todo o público que servirá para recabar información de base para o traballo de concreción e priorización das Misións. Esta semana arrincamos coa celebración das mesas de traballo, unha por reto, que se desenvolverán en tres fases, e que permitirán deseñar as correspondentes Misións. No mes de decembro está prevista a publicación da convocatoria de Misións.

Pasos do proceso de identificación das Misións RIS3
15 de setembro: xornada de presentación do proceso e lanzamento do cuestionario online. Este cuestionario está aberto ata finais de outubro a todas aquelas persoas que desexen participar.
Setembro-outubro: Celebración de 3 mesas de traballo, unha por reto. En cada mesa celebraranse 3 encontros, co fin de definir cada misión, establecer as formas de abordala e traballar posibles follas de ruta para a súa concreción.
Decembro: Publicación da convocatoria para apoiar os proxectos que resulten do proceso de identificación das Misións. Dotada cun orzamento de 15M€, será en concorrencia competitiva e as temáticas terán que contribuír ás metas establecidas en cada misión.
Información da xornada de presentación

Na páxina web de Gain están dispoñibles as presentacións e vídeo da xornada.
Especialmente clarificadora foi a intervención de Eva Arrilucea, responsable de estratexia da dirección xeral de Tecnalia. Na súa charla explicou qué as Misións son un novo instrumento para desenvolver proxectos de I+D+i cun claro impacto na sociedade, dirixidas a resolver problemas que preocupan á cidadanía, en base a metas concretas e prazos definidos. Reúnen ao ámbito público e privado e mobilizan recursos, contando con financiamento exclusivo.
Todos os axentes e sectores son chamados a implicarse, colaborando cara ás metas das misións. Refórzase así o tecido produtivo e súa capacidade tecnolóxica e innovadora, impulsando a cooperación entre empresas tractoras e pemes, e xerando riqueza no territorio.

Queres consultar o material da xornada das Misións do pasado 15 de setembro? Podes facelo na web de Gain!!

Podes cubrir o cuestionario sobre as Misións neste enlace!

Accede ao cuestionario!

Novas

Ver todas

15 de Setembro de 2023

A Xunta presenta un novo programa para apoiar grandes proxectos de I+D+i con potencial transformador sobre a economía e sociedade galegas

Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Setembro
Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

28
Setembro
Encontro de Transferencia e Innovación en Novos Materiais

28
Setembro
Encontro de Transferencia e Innovación en Novos Materiais

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.