Ver a versión en liña

Presentación do Programa de impulso á participación galega en Europa

O vindeiro 10 de novembro celebraremos na sede da Axencia Galega de Innovación unha xornada de presentación dos novos servizos de apoio e impulso á participación galega, especialmente das pemes, en iniciativas e programas europeos de I+D+i.

Servizos de impulso á participación galega
Estes novos servizos, que prestará a Axencia, están dirixidos a pemes, con dous tipos de perfís:
  • Pemes sen experiencia algunha en proxectos europeos.
  • Pemes con experiencia previa en proxectos europeos como socios e que desexen dar o paso a liderar un proxecto.
Información da xornada de presentación

As empresas interesadas en acceder a estes servizos, deberán solicitalo a través dunha canle específica que porá á súa disposición a Axencia Galega de Innovación. Coas solicitudes recibidas, realizarase unha valoración inicial das capacidades, recursos e experiencia de cada empresa. Baseados nesta análise, proporanse itinerarios personalizados a cada entidade participante, con actuacións como:

  • Capacitación e asesoramento sobre as convocatorias europeas: mecanismos, recursos para apoiar a participación, elaboración de propostas, etc
  • Participación en eventos europeos centrados en facilitar a constitución de partenariados e propostas (brokerage, match-making)
  • Participación en actividades das redes europeas (ERRIN, Vanguard...) das que forma parte a Axencia
  • Análise e orientación inicial de ideas de proxecto, valorando o seu encaixe cos programas europeos e convocatorias específicas
Convocatorias de axudas
Paralelamente, informarase dunha nova xeración de apoios, cofinanciados a través de fondos FEDER, orientados principalmente ás pemes galegas e ao programa marco de I+D+i Horizonte Europa, pero sen descartar outros programas. Estes novas axudas estarán orientadas a:
a) apoiar a preparación de propostas de calidade que melloren a participación galega e o retorno acadado ata o momento
b) o posible cofinanciamento de actuacións estratéxicas para Galicia completando o financiamento internacional ou nacional recibido
c) o financiamento de propostas de calidade que non recibiron financiamento por insuficiencia de crédito a través de mecanismos de rescate de selos de excelencia ou similares
Anota na túa axenda este evento!!
A través das canles habituais, informaremos de cando vos podedes inscribir e consultar o programa.

Novas

Ver todas

25 de Setembro de 2023

A Xunta pon en valor as fortalezas do sector biotecnolóxico galego en Biospain 2023

Ler máis

25 de Setembro de 2023

A Xunta destaca na feira Expodrónica a capacidade exportadora das pemes tecnolóxicas galegas e o posicionamento do Polo Aeroespacial de Galicia

Ler máis

Eventos

Ver todos
03
Outubro
Evento de reunións B2B virtuais no marco de CONXEMAR 2023

03
Outubro
Eleva a túa vixilancia e intelixencia estratéxica con ferramentas avanzadas

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.