A clave está en saber reaccionar |
As circunstancias inesperadas poden producirse dentro da propia empresa ou ser consecuencia dos cambios da contorna. En calquera dos dous casos, é necesario non bloquearse e reaccionar de maneira axeitada, como nos demostra a historia:
|
 |
3M descubriu microesferas acrílicas con escaso poder de suxeción que non respondían ao obxectivo de desenvolver un novo superadhesivo. Sen embargo, 6 anos despois, cando o descubridor buscaba un método para marcar os seus libros, recordou aquel produto, nacía así o post-it. Hoxe en día, 3M é recoñecida por ter unha das mellores organizacións enfocada a poñer en valor calquera innovación e evitar que as oportunidades tarden tanto en ser atopadas. |
 |
|
 |
A sociedade muda antes incluso que as normativas e poden darnos oportunidades inesperadas, este é o caso dos patinetes eléctricos. Aínda que os primeiros patinetes datan do século XIX, hai tan só 6 anos experimentaron un boom como método de transporte persoal que encaixa coas preferencias sustentables dos cidadáns. A caída dos prezos das baterías, a Covid ou a subida doutros combustibles influiron sen dúbida no seu auxe, e de paso crearon oportunidades para empresas que os reparan, personalizan, ou comercializan complementos para estes. |
 |
|
|
|