Ver a versión en liña

Novos servizos e actividades formativas no marco do programa Oportunius

Dentro do Programa OPORTUNIUS, orientado a incrementar a participación galega no European Research Council, a Axencia Galega de Innovación ten dispoñible un servizo de revisión e análise de propostas para as convocatorias do ERC, así como a realización de accións formativas para o persoal investigador dos centros de investigación galegos.

Máis información sobre o Programa Oportunius
SERVIZO DE ASESORAMENTO STARTING GRANT 2024:
O European Research Council ven de comunicar unha extensión do prazo de presentación de candidaturas ata o 7 de novembro. Por este motivo, o prazo de recepción de solicitudes para acceder ao servizo de revisión de propostas do Programa Oportunius exténdese tamén ata o 27 de outubro.
Servizo DE Asesoramento Consolidator Grant 2024:
A convocatoria Consolidator Grants 2024 estará aberta entre o 12/09/2023 e o 12/12/2023. As datas para enviar a documentación necesaria para recibir o servizo de asesoramento no marco do Programa Oportunius son:
  • CV e cuestionario preliminar: ata o 25/10/2023
  • Envío de formulario B1 (e formulario B2 opcional) para revisión: ata o 8/11/2023
  • Envío de formularios B1 e B2 para segunda revisión: ata o 28/11/2023
Actividades formativas
Ademais, o vindeiro 23 de outubro organizaremos un taller presencial de preparación de propostas dirixido á convocatoria Consolidator Grants 2024 no que participarán a National Contact Point da FECYT, Leticia Riaza; Ashwin Woodhoo, investigador do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas – CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela, gañador dunha Consolidator Grant 2019; e Graciela Garrido e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.
Esta convocatoria está destinada a persoal investigador principal con entre 7 e 12 anos de experiencia dende a finalización do doutoramento, cunha madurez científica e cunha proposta de investigación excelente.

O programa e o formulario de inscrición xa están dispoñibles!

Inscríbete!
Balance do programa Oportunius
Dende o ano 2014 o Programa Oportunius ofrece oportunidades a persoal investigador de todas as nacionalidades para desenvolver unha carreira científica de excelencia en Galicia, complementando as axudas do European Research Council (ERC) e reforzando as opcións de acceso ás mesmas, sempre en institucións de acollida galegas.

Novas

Ver todas

18 de Outubro de 2023

A Xunta proba o uso de drons e intelixencia artificial para obter información actualizada do crecemento e evolución da presenza de semente de mexillón no litoral galego

Ler máis

16 de Outubro de 2023

Comezan as actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas que a Xunta desenvolve no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol

Ler máis

Eventos

Ver todos
24
Outubro
Presentación da Consulta Preliminar ao Mercado 2023 da Civil UAVs Initiative

31
Outubro
Como pode contribuír a propiedade industrial a unha mellor comercialización do teu produto

03
Novembro
Presentación de convocatorias de axudas Horizonte Europa para a Industria

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.