Ver a versión en liña

Se es unha peme, acompañámoste a Europa!

O retorno obtido polas entidades galegas en Horizonte Europa, o programa de financiamento da I+D+i europea, segue medrando respecto dos programas anteriores. A Axencia Galega de Innovación fixouse como reto para o periodo 2021-27 incrementar a participación das empresas, especialmente das pemes, neste programa e noutros instrumentos de financiamento. Neste contexto, para axudar ao tecido produtivo a posicionarse mellor nestes programas, vai pór en marcha unha serie de servizos que presentaremos o vindeiro 10 de novembro.

Apúntate!
A quenes van dirixidos estes servizos?
A todo tipo de pemes, tanto as que non contan con experiencia en proxectos europeos, como as que sí teñen experiencia previa como socios e desexan dar o paso a liderar un proxecto.
Servizos de apoio que se ofrecen
Diagnose a empresas galegas para coñecer a súa capacidade de participar en programas de I+D+i europeos.
Deseño de itinerarios personalizados a pequenas e medianas empresas interesadas en participar en proxectos de Horizonte Europa:
- Identificación de oportunidades e xeración de ideas.
- Estruturación de proxectos.
- Establecemento de redes e colaboracións (networking).
- Asesoramento na formación de consorcios.
Organización de xornadas informativas en colaboración co CDTI para informar das convocatorias de Horizonte Europa.
Observatorio de convocatorias máis relevantes para as empresas galegas.
Busca de socios en Horizonte Europa e oportunidades de colaboración para as empresas galegas.
Mellora do posicionamento das empresas no marco europeo.
Convocatoria de axudas
Na xornada tamén se informará dunha nova xeración de apoios, cofinanciados a través de fondos FEDER, orientados principalmente ás pemes galegas e ao programa marco de I+D+i Horizonte Europa, pero sen descartar outros programas. Estas axudas estarán orientadas a:
a) apoiar a preparación de propostas de calidade que melloren a participación galega e o retorno acadado de fondos europeos;
b) o cofinanciamento de actuacións estratéxicas para Galicia completando o financiamento internacional ou nacional recibido;
c) o financiamento de propostas de calidade que non recibiron financiamento por insuficiencia de crédito a través de mecanismos de rescate de selos de excelencia ou similares.

Podes consultar o programa e o formulario de inscrición na web de Gain

Inscríbete!

Novas

Ver todas

25 de Outubro de 2023

A UMI formada polo ITG e a empresa Star Defence Logistics Engeneering reforza o posicionamento internacional do Polo Aeroespacial de Galicia

Ler máis

24 de Outubro de 2023

A Xunta busca no mercado novas solucións para contribuír a mellorar os servizos públicos mediante tecnoloxías baseadas en vehículos non tripulados

Ler máis

24 de Outubro de 2023

O traballo de 140 profesionais e empresas do deseño galego está exposto desde hoxe na Porto Design Biennale

Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Outubro
Xemelgo Dixital no naval e outros sectores industriais. O proxecto Twin NavAux

31
Outubro
Como pode contribuír a propiedade industrial a unha mellor comercialización do teu produto

03
Novembro
Presentación de convocatorias de axudas Horizonte Europa para a Industria

07
Novembro
Talleres de innovación ConectaOurense: plan de innovación nunha semana

08
Novembro
Talleres de innovación ConectaOurense: construíndo o adn innovador

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.