Ver versión en liña

O deseño galego brilla na Porto Design Biennale 2023
A Galería Municipal de Matosinhos acolle ata o 3 de decembro unha exposición de gran formato sobre os principais referentes do deseño para a innovación en Galicia. A mostra é unha coprodución da Xunta de Galicia e a Porto Design Biennale, coa colaboración da Fundación DIDAC.

Este proxecto expositivo protagoniza a programación Galiza. Processos e Formas, coa que Galicia representa a España como país invitado da Porto Design Biennale 2023, o maior evento bienal de deseño da península ibérica.

Na mostra, comisariada por David Barro, trázase un percorrido polo pasado, presentee futuro do deseño galego, a través das achegas de 140 profesionais e empresas que destacan na aposta polo deseño como motor de innovación dende os anos 20 do século pasado ata o presente.

Deseños históricos da Galicia industrial inician un percorrido que vai dando paso ás propostas máis actuais, coa mirada posta no futuro. A artesanía con selo galego ten unha presenza destacada na mostra.
A exposición está aberta ao público, con entrada libre, na Galería de Matosinhos
De luns a venres, de 9 a 12.30 e de 14 a 17.30 horas.
Sábados, domingos e festivos, de 15 a 18 horas.
PUBLICACIÓN
A mostra compleméntase cun proxecto editorial que leva o mesmo título. Trátase dun extenso ensaio de David Barro sobre a historia do deseño en Galicia coeditado por Experimenta e a Porto Design Biennale e que está dispoñible en galego na web da Axencia Galega de Innovación
Nesta publicación analízase de onde vimos, quen somos e onde imos como territorio no que o deseño impacta de xeito decisivo no desenvolvemento socioeconómico e cultural.

A programación Galiza. Procesos e Formas, na que se enmarcan tanto a exposición como a publicación, é unha iniciativa do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 - DIFERENZA.

Novas

Ver todas

01 de Novembro de 2023

A Xunta participa en catro proxectos europeos vencellados á transformación dixital da industria da Eurorrexión, economía circular e sector aeroespacial

Ler máis

31 de Outubro de 2023

A Xunta disporá dun orzamento que ascende a máis de 435 M€ para impulsar o despegue industrial e enerxético de Galicia

Ler máis

30 de Outubro de 2023

A Xunta recoñece os profesionais de transferencia de coñecemento con certificación internacional

Ler máis

Eventos

Ver todos
03
Novembro
Presentación de convocatorias de axudas Horizonte Europa para a Industria

07
Novembro
Talleres de innovación ConectaOurense: plan de innovación nunha semana

08
Novembro
Talleres de innovación ConectaOurense: construíndo o adn innovador

10
Novembro
Presentación dos servizos de impulso á participación galega en Europa

15
Novembro
Xornada de presentación de convocatorias de axudas Horizonte Europa para a mobilidade e espazo

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.