Ver a versión en liña
 
 
 

Presentación da plataforma InnovaRede


A Rede do Ecosistema Galego de Innovación
O vindeiro 14 de decembro convidámoste á xornada presencial de presentación de InnovaRede, unha nova plataforma que aspira a ser o punto de encontro e interacción virtual do ecosistema galego de innovación. O acto terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.


logo_Innovarede
O obxectivo da plataforma Innovarede é impulsar a colaboración entre os distintos axentes da demanda e da oferta tecnolóxica dunha forma áxil, directa e aberta, a través da conexión das capacidades dos centros tecnolóxicos, centros de investigación ou innovación, universidades e outros axentes de coñecemento, coas necesidades das empresas.
Mediante esta conexión buscamos acelerar o proceso de desenvolvemento tecnolóxico e reducir así a fenda existente entre a I+D e o mercado, especialmente nas pemes. Para coñecer de primeira man as vantaxes de colaborar, conversaremos con empresas. Mapa_Galicia_Nodos
Mapa de apoios 2024
Mapa_apoios_2024 Por último, presentaremos o mapa de apoios á I+D+i de 2024 con especial fincapé nas convocatorias que abrirán a comezos de ano, como Bonos de Innovación, DeseñaPeme e InnovaPeme e aquelas que promoven a cooperación, como Misións ou ConectaPeme.

Inscríbete e participa nesta xornada para atopar futuros colaboradores e coñecer os instrumentos de apoio da Xunta de Galicia á innovación.

Inscríbete!

Novas

Ver todas

23 de Novembro de 2023

A Xunta inviste preto de 4 M€ na chegada ao mercado de nove proxectos de investigación no marco do programa Ignicia

Ler máis

20 de Novembro de 2023

A Xunta expón en Valencia a súa experiencia en compra pública de innovación, na que leva investido máis de 320 M€ desde 2010

Ler máis

19 de Novembro de 2023

A Xunta impulsa con 3,8 M€ a competitividade das pemes galegas a través da innovación e o deseño

Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Novembro
Preparación de proxectos para programas de Proba de Concepto (PdC)

28
Novembro
Software libre para xerar simulacións virtuais

28
Novembro
Conversa en rede: diálogo sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

30
Novembro
Workshop Materiais para o sector sanitario

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.