Ver a versión en liña
 
 
 
InnovaRede e mapas de apoio á I+D+i
Esta mañá presentamos na Cidade da Cultura de Galicia a nova plataforma InnovaRede, que aspira a converterse no punto de encontro e interacción virtual do ecosistema galego de innovación co obxectivo de impulsar a colaboración entre os axentes. Así mesmo, adiantamos os mapas de apoio á I+D+i para 2024 da Axencia Galega de Innovación e da Xunta de Galicia.


logo_Innovarede
Plataforma de encontro e interacción
InnovaRede é un punto de acceso ás capacidades de I+D e innovación da nosa Comunidade Autónoma, para darlles visibilidade e fomentar a conexión entre os axentes do ecosistema.
InnovaRede é a única e primeira plataforma con toda a capacidade científica e tecnolóxica galega ao servizo das empresas. Permite atopar o que ofrecen os centros de coñecemento, públicos e privados, e como poden dar resposta ás necesidades e solucións que demanda o mercado.
A través do seu buscador e filtros accesibles facilítase atopar ao centro máis axeitado, xa que inclúe unha síntese de información priorizada, sobre quen son os centros, como atopalos e cales son as súas liñas de I+D+i.
Inclúense as patentes, proxectos e publicacións de maior utilidade para a transferir o coñecemento ao mercado.
Por último, tamén é unha canle de comunicación pois permite a apertura de demandas tecnolóxicas que serán reenviadas aos axentes, para que poidan responder directamento con aquela solución ou coñecemento do que dispón e que non conste na plataforma.
web_innovarede Accede á plataforma Innovarede! https://innovarede.xunta.gal
Mapas de apoio á I+D+i da Axencia Galega de Innovación e da Xunta de Galicia
Xa podes consultar o mapa de axudas da Axencia Galega de Innovación e coñecer qué convocatorias abrirán a comezos do ano, como Bonos de Innovación, DeseñaPeme e InnovaPeme, Misións ou ConectaPeme.
Pola súa banda, a Xunta de Galicia contará con 37 instrumentos de apoio, dirixidos a todos os tipos de axentes e a todas as etapas da I+D+i, de 13 departamentos distintos.
Consulta o mapa da
Axencia Galega de Innovación
Consulta o mapa da
Xunta de Galicia

Novas

Ver todas

09 de Decembro de 2023

A Xunta e a Cámara Oficial Mineira de Galicia colaboran na promoción e difusión dos recursos naturais estratéxicos de Galicia

Ler máis

Eventos

Ver todos
15
Decembro
Workshop: Minaría urbana para makers

21
Decembro
Entrega dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.