Ver versión en liña

Aprobado o decreto que regula a carreira investigadora na Administración pública galega

O Consello da Xunta de Galicia desta mañá deu luz verde á aprobación do decreto polo que se regula a organización, promoción e carreira profesional do persoal de investigación ao servizo dos organismos de investigación da administración autonómica. Deste xeito, Galicia convértese na primeira Comunidade de España en regular a carreira profesional de todo o persoal de investigación que depende da Administración autonómica e dos seus organismos.

Principais claves da norma:
- Galicia terá un marco xurídico e administrativo que fará máis competitivo e atractivo o noso ecosistema de ciencia e investigación. Resólvese unha necesidade histórica, froito do traballo da Comisión Interdepartamental de I+D+i, do consenso con todos os axentes implicados e dun amplo respaldo das organizacións sindicais.
- Con este novo decreto, Galicia aspira a reter e captar o talento investigador ofrecendo un marco laboral estable e atractivo que, ademais, permitirá reforzar a investigación e desenvolvemento de tecnoloxías que contribuirán a un crecemento económico mais baseado no coñecemento.
- O decreto establece un marco profesional transversal que proporciona estabilidade laboral, mellorando e homoxeneizando as condición destes profesionais, e se crea unha senda de desenvolvemento profesional para o persoal de investigación.
- Regula a xestión e organización do persoal de todo os centros e estruturas de investigación propios, incluídos os centros de investigación sanitaria.
- Atende todas as etapas da actividade investigadora e así, tras rematar as etapas pre e pos doutorais, regúlase o acceso ao sistema a través dun contrato laboral fixo, creándose as categorías de investigador establecido e investigador sénior. Tamén se crea un itinerario para o persoal técnico de investigación definindo outras dúas categorías: técnico superior de investigación e técnico de investigación sénior.
- Unha vez se produce a contratación laboral fixa, os profesionais poderanse someter a unha avaliación da actividade investigadora que, no caso de ser positiva, supón unha mellora retributiva.
- Co fin de impulsar unha investigación de excelencia en Galicia, o decreto tamén establece un complemento retributivo en función dos fondos captados polo persoal de investigación en convocatorias competitivas.
- Regula a mobilidade para mellorar a formación do persoal de investigación e facilitar a súa actividade en axentes públicos e privados do Sistema de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.
- Favorece a cooperación entre o tecido investigador e o tecido empresarial e facilita o desenvolvemento de actividades empresariais por parte do persoal de investigación, contemplando unha excedencia temporal de 5 anos para que este poida prestar servizos en empresas privadas ou realizar actividade profesional por conta propia.
En definitiva, este decreto vén completar en Galicia, xunto con Oportunius, un entorno normativo ambicioso, transparente e equitativo, para ter o maior marco regulatorio da carreira investigadora a nivel estatal, 100% pública e estable e con retribucións altamente competitivas.

Consulta na referencia do Consello da Xunta de Galicia este Decreto

Referencia

Novas

Ver todas

05 de Xaneiro de 2024

A Xunta e o Clúster da Saúde asinan un convenio de colaboración para impulsar o sector biotecnolóxico sanitario en Galicia

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.