Ver versión en liña

Galicia Avanza organiza o evento da internacionalización da innovación

O vindeiro 21 de febreiro celebramos no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de 10:15 a 17:00 horas o evento anual de Galicia Avanza, dentro do Programa de Aceleración para a Internacionalización de Pemes.

Un completo programa para crecer internacionalmente a través da innovación
Este encontro é unha acción do Programa Galicia Avanza, posto en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, do Instituto Galego de Promoción Económica e do Parque Tecnolóxico de Galicia, no que se darán cita empresas de todos os sectores, con presenza en mercado internacional ou con potencial de exportar os seus produtos e servizos innovadores. Ao longo da xornada poderás compartir experiencias e facer networking através da app móbil que poremos ao teu servizo.

Durante a xornada tamén se presentará a convocatoria de 2024 na que poderán participar 30 novas pemes que queiran levar ao mercado internacional os seus produtos, servizos e tecnoloxías innovadoras.

Contaremos con relatores como Rocío Cid, Xerente de Cuevas Marron Glacé, Gabriel Gómez Celaya, Director Xeral de Marine Instruments e Marcelo Castelo, experto en comunicación persuasiva.

Rocío Cid
Xerente de Cuevas Marron Glacé, Cuevas & Cía
Gabriel Gomez Celaya
Director Xeral de Marine Instruments
Marcelo Castelo
Autor do modelo xeral das tres dimensións da comunicación humana

Zona expositiva
Coñece a fondo ás 30 empresas beneficiarias da convocatoria de 2023 do Programa Galicia Avanza.

Reunións one2one
Aproveita o evento para manter reunións bilaterais cos asistentes.

Podes consultar o programa e inscribirte neste enlace. Esperámoste o 21 de febreiro en Tecnópole!

Inscríbete!

Novas

Ver todas

07 de Febreiro de 2024

A Xunta pon á spin-off Sense Aeronautics como exemplo do potencial da transferencia de coñecemento en Galicia

Ler máis

06 de Febreiro de 2024

A Xunta presenta ás pemes ferrolás as axudas para impulsar a súa innovación

Ler máis

05 de Febreiro de 2024

A Xunta fomenta as vocacións científicas entre o estudantado con motivo do Día internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Ler máis

Eventos

Ver todos
14
Febreiro
Presentación da convocatoria de Misións RIS3

15
Febreiro
Webinar para consultas e resolución de dúbidas dos Bonos de Innovación

21
Febreiro
II ENCONTRO DO ECOSISTEMA DE INVESTIMENTO EN CIENCIA E TECNOLOXÍA DEEPTECH

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.