Convocatorias de axudas abertas

A Axencia Galega de Innovación ten actualmente abertas as seguintes liñas de axuda para apoiar á innovación e a I+D empresarial:

BONOS DE INNOVACIÓN
Obxecto: Axudas ás pemes para a contratación de servizos profesionais externos relacionados coa innovación
Beneficiarios: Microempresas, pemes e entidades do terceiro sector de acción social
Intensidade da axuda: Ata o 70%
Prazo: Aberta ata o 22 de febreiro
Máis información
PROGRAMA INVESTIGO
Obxecto: Axudas da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade para a contratación, por parte de empresas, de persoas mozas (entre 16 e 30 anos)
Beneficiarios: Empresas que estean a investir na realización de actividades de investigación e innovación
Prazo: Aberta ata o 6 de marzo
Máis información
DESEÑAPEME E INNOVAPEME
Obxecto: Apoio para mellorar a competitividade das pemes a través da innovación e o deseño estratéxico
Beneficiarios: Microempresas, pemes e entidades do terceiro sector de acción social
Intensidade da axuda: 50%
Prazo: Aberta ata o 13 de marzo
Máis información
MISIÓNS RIS3
Obxecto: Financiamento de proxectos transformadores e de impacto nas cadeas de valor estratéxicas a través da colaboración entre os diferentes axentes do ecosistema galego de I+D+i
Beneficiarios: Consorcios formados por un mínimo de 3 empresas (1 tractora e 2 pemes). A maiores poderán participar centros tecnolóxicos e de apoio á innovación; universidades, organismos e centros públicos de investigación; institucións sanitarias que desenvolvan actividade investigadora; entidades sen ánimo de lucro relacionadas coa I+D+i e agrupacións e asociacións empresariais que realicen actuacións de I+D+i
Intensidade da axuda: Ata o 60% en función do tamaño da empresa e do tipo de actividades
Prazo: Aberta ata o 15 de abril
Máis información
SINERXIAS E COMPLEMENTARIEDADES CON HORIZONTE EUROPA (BONOS)
Obxecto: Axudas para fomentar as sinerxías e complementariedades co Programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i, impulsando a participación de calidade de entidades galegas nestas convocatorias
Beneficiarios: Pemes e organismos de investigación galegos
Intensidade da axuda: Entre o 30 e o 60%
Prazo: Aberta ata o 15 de novembro
Máis información

Novas

Ver todas

14 de Febreiro de 2024

A Xunta convoca unha nova liña de axudas que apoia conxuntamente proxectos de I+D+i e investimento produtivo

Ler máis

14 de Febreiro de 2024

A Xunta participa no estadio Anxo Carro na proba dunha solución con tecnoloxía dron e intelixencia artificial que mellora a análise táctica no fútbol

Ler máis

13 de Febreiro de 2024

A Xunta convoca apoios para a preparación de candidaturas a convocatorias europeas de I+D e innovación

Ler máis

Eventos

Ver todos
21
Febreiro
II ENCONTRO DO ECOSISTEMA DE INVESTIMENTO EN CIENCIA E TECNOLOXÍA DEEPTECH

23
Febreiro
Seminario estratéxico: Repensando o marco para a valorización do coñecemento nas estratexias e organización das institucións científicas

29
Febreiro
Nova convocatoria Sustainable Blue Economy Partnership (SBEP)

14
Marzo
Convocatorias Horizonte Europa do Clúster 5: Enerxía

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal