Recursos de formación e divulgación da Axencia Galega de Innovación

A través do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, a Axencia Galega de Innovación pon a disposición das empresas, recursos de formación e información. Metodoloxías, ferramentas e exemplos de innovación de pemes galegas, para inspirar e axudar a impulsar a creación de valor mediante un cambio de paradigma.
Pílulas formativas de impulso á innovación
Conxunto de 18 vídeos secuenciais de entre 10-12 min de duración aproximada para achegar ás pemes, de xeito áxil e dinámico, os principios da innovación práctica. Alfons Cornellá e Mónica Alonso, introducen as metodoloxías e as ferramentas máis útiles para incorporar con éxito a innovación nas empresas.
Accede ás pílulas formativas
Casos de éxito
Recopilatorio de experiencias de éxito de pemes innovadoras en Galicia, que visibilizan todo o potencial e oportunidades que brinda o ecosistema de innovación galego.
Accede aos casos de éxito
Cadernos de innovación
Os cadernos de innovación son unha colección de breves manuais conceptuais dirixidos a xerar procesos de reflexión ao redor da innovación. Están dispoñibles, polo momento, 18 cadernos na páxina web da Axencia Galega de Innovación.
Accede aos cadernos de innovación
Guía de cursos de posgraos:Fundación Cotec
E se xa tes un coñecemento avanzado na materia e queres dar un paso máis na túa formación, podes consultar a guía de cursos de posgraos vinculados coa innovación que ofrece a Fundación Cotec.

Novas

Ver todas

22 de Febreiro de 2024

A Xunta aposta pola internacionalización e a captación de investimentos para impulsar o crecemento empresarial

Ler máis

21 de Febreiro de 2024

A aceleradora Galicia Avanza mellora a presenza no exterior dos produtos e servizos de trinta empresas innovadoras galegas

Ler máis

Eventos

Ver todos
23
Febreiro
Seminario estratéxico: Repensando o marco para a valorización do coñecemento nas estratexias e organización das institucións científicas

29
Febreiro
Nova convocatoria Sustainable Blue Economy Partnership (SBEP)

14
Marzo
Convocatorias Horizonte Europa do Clúster 5: Enerxía

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal