Ver a versión en liña
 
 

A Xunta de Galicia pon en valor o ecosistema galego de I+D e innovación en Transfiere 2024

A Xunta de Galicia pon en valor o ecosistema galego de I+D e innovación na décimo terceira edición de Transfiere, o foro europeo para a ciencia, a tecnoloxía e a innovación, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de marzo no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga (FYCMA). A Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, contará cun stand institucional no que participa unha delegación composta por unha vintena de entidades de I+D e innovación galegas que presentarán as súas capacidades científicas e tecnolóxicas.


Que é Transfiere?
Transfiere 2024 é o maior evento europeo sobre transferencia no que compartir coñecemento científico e tecnolóxico, conectar o ecosistema de I+D+i español co ámbito global e vincular ciencia e empresa.

Quen estará presente na delegación galega?
  • Axencia Galega de Coñecemento en Saúde da Consellería de Sanidade
  • Universidades galegas
  • Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Idis)
  • Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic)
  • Delegación do CSIC Galicia
  • Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga)
  • Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar)
  • Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga)
  • Tecnópole
  • Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga)
  • Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec)
  • Unirisco.
  • Cal é o obxectivo?
    Esta iniciativa da Axencia Galega de Innovación busca xerar oportunidades de colaboración para a investigación e a innovación que se está a facer en Galicia.
    A Axencia Galega de Innovación intervirá o 21 de marzo nunha mesa redonda na que se debaterá sobre a territorialidade na innovación, xunto a representantes do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e das administracións autonómicas de Andalucía, Illas Baleares e a Comunidade Valenciana.

    Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento
    A participación neste foro enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que ten como obxectivo mellorar a transferencia dos resultados da investigación realizada nos centros de coñecemento galegos ao tecido produtivo, de maneira que se valorice o investimento en ciencia.

    Novas

    Ver todas

    06 de Marzo de 2024

    A Xunta destaca a aplicación do deseño á innovación de produto na empresa naronesa Detegasa

    Ler máis

    Eventos

    Ver todos
    14
    Marzo
    Convocatorias Horizonte Europa do Clúster 5: Enerxía

    pe_Xoves

    Enderezo

    Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

    informa.gain@xunta.gal