Ver a versión en liña
 
 

Descubre o que nos ofrecen as aceleradoras

As aceleradoras son un instrumento de apoio que vai máis aló das axudas económicas. Permiten acompañar ás empresas de principio a fin para chegar con éxito ao mercado. Hai máis tipos de aceleradoras das que pensas.


Nas aceleradoras coménzase a traballar a partir das necesidades individuais das empresas e faise un acompañamento íntegro ás distintas áreas da compañía: marketing e comercialización, financiamento e investimento, estrutura e dirección, validación e pilotos con clientes, dixitalización, etc.
Principais características das aceleradoras de innovación fronte ás axudas públicas:
- Os beneficiarios contan cunha folla de ruta que parte dunha diagnose inicial e establece fitos de cumprimento.
- Os titores fan seguimento desta folla de forma continuada.
- Préstanse servizos gratuítos para lograr os fitos identificados.
- Ofrécense outros servizos complementarios coma formación, investimentos, eventos, etc.
- Adicionalmente poden subvencionarse parte dos custos das empresas.
- Desenvólvense en colaboración con outras entidades.
- Participan empresas do sector da aceleradora, facilitando a transferencia de coñecemento entre entidades.
As aceleradoras nas que participa a Axencia Galega de Innovación, en colaboración co IGAPE, teñen dous obxectivos:

Fomentar o emprendemento baseado en tecnoloxías innovadoras.

Poñen o foco na creación de empresas ou no crecemento de empresas de recente creación. Existen aceleradoras verticais ou Bussiness Factories (BF): BFFood en alimentación, BFAero en aeroespacial, BFAuto en solucións para a mobilidade, BFMedicines para o descubrimento de fármacos, e Turislab no sector turístico.
Tamén impulsamos o emprendemento baseado en innovación en calquera sector na aceleradora ViaGalicia.

Fomentar que as solucións innovadoras (produtos, servizos, tecnoloxías) cheguen ao mercado mellorando a competitividade das pemes.

Neste caso, non se trata de crear novas empresas, senón de consolidar as existentes a través da mellora da súa competitividade. Actualmente, contamos con Galicia Avanza cuxa finalidade é incrementar as vendas internacionais de produtos/servizos innovadores.
4 aceleradoras abren procesos de selección neste 2024:

GALICIA AVANZA 3ª Edición BFAuto 8ª Edición
Prazo aberto ata: 19 de Abril de 2024

Obxecto: Poden participar ata 30 pemes que teñan produtos / servizos innovadores con potencial para chegar a mercados internacionais.
A través deste programa, facilitarase a folla de ruta da súa internacionalización e os primeiros pasos para introducirse en novos mercados. A duración do programa é de 8 meses, durante os cales se financiarán os servizos necesarios para a internacionalización. Tamén contarán con formación e sesións de networking entre os participantes desenvolvidas en Tecnópole (Ourense).

Podes consultar as túas dúbidas con Tecnópole e acceder a máis información no botón.
Prazo aberto ata: 30 de Abril de 2024

Obxecto: Dirixido a Empresas de recente creación (ata 7 anos de antigüidade) e emprendedores que queiran impulsar proxectos especializados en mobilidade e automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables que atraian e reteñan talento.
Ten dous itinerarios: Aceleración e Consolidación, segundo a madurez do proxecto presentado, cunha duración, cada un, de 9 meses.
A BFAuto ofrece tamén mentoring, formación, subvencións a fondo perdido e acceso a capital risco. Seleccionaranse un máximo de 20 proxectos emprendedores, 10 en cada itinerario.

Podes consultar as túas dúbidas con CEAGA e acceder a máis información no botón.
Máis información Máis información


BFAero 3º Edición Consolidación ViaGalicia 8ª Edición
Prazo previsto da próxima convocatoria: abril de 2024

Obxecto: Nesta convocatoria unicamente estará aberto o itinerario de Consolidación, dirixido a empresas de menos de 7 anos que xa estean facturando no sector aeronáutico, espacio e tecnoloxías de sistemas de sistemas non tripulados.
A BFAero brinda apoio mediante mentoring, formación, acceso a infraestruturas tecnolóxicas, subvencións a fondo perdido e acceso a financiamento de capital risco. A duración do itinerario será de 6 meses e seleccionaranse ata 3 proxectos nesta edición.

Podes consultar as túas dúbidas coa Fundación CEL e acceder a máis información no botón.
Prazo previsto da próxima convocatoria: 3º trimestre

Obxecto: É unha aceleradora de emprendemento na que poden participar proxectos innovadores de calquera ámbito ou sector produtivo. Ofrece formación, mentoring, titorización e espazos de coworking, ademais de financiamento para aquelas startups que cheguen á fase de aceleración. A aceleradora ten dúas etapas: Academia, cun mes de duración e execución en Vigo e Lugo e, posteriormente, 9 meses de fase de Aceleración en Nigrán (Porto do Molle).

Podes consultar as túas dúbidas coa Zona Franca e acceder a máis información no botón.
Máis información Máis información

Novas

Ver todas

14 de Marzo de 2024

A Xunta presenta a súa estratexia para a atracción, retención e retorno do talento científico durante o primeiro foro de investigación galega no estranxeiro

Ler máis

11 de Marzo de 2024

A Xunta destaca a aposta de mecanizados Rodríguez Fernández pola innovación e o deseño estratéxico para mellorar a súa competitividade

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal