Ver a versión en liña

Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2024

A Axencia Galega de Innovación e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) veñen de convocar os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2024. Estes galardóns, que chegan á súa décima edición, queren recoñecer o traballo do persoal investigador e das empresas que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 30 de abril.

Categorías
Premio “Francisco Guitián Ojea”

Traballo de investigación aplicada, dotado con 5.000 €, para recoñecer a creación, a cargo dun grupo de investigación, dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.


Premio “Fernando Calvet Prats”

Caso de éxito de transferencia de tecnoloxía desde un grupo de investigación a unha empresa, dotado con 5.000 €. Prémiase conxuntamente ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida e á empresa destinataria. Será válido calquera mecanismo de transferencia desde o grupo á empresa (adquisición de patente, proxecto conxunto, spin-off, etc.).

Consulta as bases dos premios e anímate a participar!

Bases dos premios

Novas

Ver todas

20 de Marzo de 2024

A Xunta avoga por formar e reter talento científico-tecnolóxico en Galicia

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.