Ver a versión en liña

Resolución da V edición de Fábrica Intelixente e Sustentable

Esta mañá o Consello da Xunta autorizou a resolución da quinta convocatoria do programa Fábrica Intelixente e Sustentable, coa que se busca modernizar a industria galega e asegurar un crecemento baseado na I+D e a innovación nos sectores estratéxicos galegos.

Consulta a referencia do Consello
Esta nova edición apoiará un total de 9 proxectos con preto de 24M€ de axuda pública que mobilizarán 56M€ e favorecerán a creación de 42 postos de traballo en eidos como a automoción, as TIC, o alimentario ou a madeira.

9 proxectos

24M€ de axuda pública

56M€ mobilizados

42 postos de traballo

Tipo de beneficiario, sector e distribución xeográfica
Estes proxectos están capitaneados por compañías que son líderes nos seus respectivos sectores como: Stellantis; Tecnología y Reciclaje de Materiales (Tyrma); GRI Towers Galicia; Hermasa, Benteler Automotive; Borgwarner Emissions Systems, Norvento Tecnología, Financiera Maderera (Finsa) e Compañía Española de Algas Marinas (Ceamsa). En total participan 21 empresas e seis organismos de investigación.

A automoción é o sector que máis axudas recibe, ao sumar 12 M€, mentres que por provincias, Pontevedra suma 16,6 M€, A Coruña 5,4 M€, Lugo 1,25 M€ -é a primeira vez que un proxecto desta provincia recibe financiamento neste programa – e Ourense preto de 700.000 euros.
Balance das 5 edicións
Desde a posta en marcha deste programa, no ano 2016 -e contando coa nova resolución- son un total de 33 proxectos apoiados, cunha axuda de 100M€, unha mobilización que supera os 327M€ e a creación 328 postos de traballo.

33 proxectos

100M€ de axuda pública

327M€ mobilizados

328 postos de traballo

Nº total de beneficiarios:

56 empresas

6 organismos de investigación privados

1 organismo público de investigación
Tipoloxías de beneficiarios (%)
Grandes empresas 58,16%
Organismos de investigación privados 33,25%
Pemes 7,69%
Organismos de investigación públicos 0,91%

Novas

Ver todas

02 de Abril de 2024

A Xunta destaca a contribución da empresa Eurored á sustentabilidade do sector pesqueiro e acuícola

Ler máis

Eventos

Ver todos
23
Abril
Oportunius: Taller de preparación de propostas ERC 2024-2025

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.