Ver a versión en liña

Aberto o prazo para solicitar os servizos de apoio á innovación do Programa Re-acciona
A Axencia Galega de Innovación, en colaboración co Igape, ten aberto ata o 15 de novembro ou esgotamento do crédito novos servizos do programa Re-Acciona para contribuír á mellora da competitividade das pemes a través dos tres piares da innovación: a protección do coñecemento, o deseño de produtos e servizos, e a planificación financeira da innovación.

Desenvolvemento dos 3 servizos de innovación do Programa Re-acciona

Podes optar polo servizo completo ou parcial, en función das túas necesidades.
Todos os servizos constan de tres fases:


Formación e sensibilización

Análise da empresa

Execución do plan de traballo

Abonda con que te poñas en contacto coa entidade colaboradora que presta cada servizo para que ela solicite a axuda.
Servizos de apoio á innovación do Programa Re-acciona

Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores

Protección da innovación

Asesoramento para o financiamento da innovación
Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
Obxectivo Promover a implantación de metodoloxías de deseño para a innovación, co obxectivo de desenvolver novos produtos, novos servizos e novos procesos de negocio nas pemes galegas.
Horas e importe do servizo 85 horas // 5.355 € (sen IVE) e o custo para a empresa 1.071 € (sen IVE)
Entidade colaboradora deste servizo Innplica // 744 471 461 // info@innplica.com
Protección da innovación
Obxectivo Fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións) e as creacións de forma (deseños industriais), así como topografías de semicondutores. Así mesmo, admitirase o rexistro de signos distintivos (marcas e nomes comerciais) no caso de non existir inventiva suficiente para a protección da innovación antes mencionada.
Horas e importe do servizo parcial 60 horas // 3.780 € (sen IVE) e o custo para a empresa 756 € (sen IVE)
Horas e importe do servizo completo 85 horas // 5.355 € (sen IVE) e o custo para a empresa 1.071 € (sen IVE)
Entidades colaboradoras deste servizo Álvarez Real // 982 280 258 // lugo@alvarezreal.com
Silex // 881 255 379 // galicia@silexip.com

Asesoramento para o financiamento da innovación
Obxectivo Análise previa do desempeño innovador da peme beneficiaria, para posteriormente establecer unha estratexia dirixida á obtención de apoio económico para as súas actividades de I+D e innovación, en especial a través do sistema nacional de incentivos fiscais.
Horas eimporte do servizo parcial 60 horas // 3.780 € (sen IVE) e o custo para a empresa 756 € (sen IVE)
Horas e importe do servizo completo 100 horas // 6.300 € (sen IVE) e o custo para a empresa 1.260 € (sen IVE)
Entidades colaboradoras deste servizo Euro Funding // 981 14 25 85 // info@euro-funding.com
Innplica // 744 471 461 // info@innplica.com
Destinatarios, tipo de axuda e intensidade
Dirixido ás persoas autónomas e pequenas e medianas empresas que teñan como mínimo 3 traballadores no ano 2023. Os servizos son prestados por entidades colaboradoras seleccionadas previamente. A dedicación a cada servizo e o prezo do mesmo están recollidos na convocatoria. A axuda está suxeita ao réxime de minimis e acada o 80% de subvención (60% de fondos FEDER).
Se queres saber máis sobre os servizos de innovación que ofrece o programa Re-acciona, podes consultar a páxina web da Axencia Galega de Innovación
Re-acciona innovación

Podes atopar as bases da convocatoria e o contacto das entidades colaboradoras na páxina web do Igape

Máis información

Novas

Ver todas

11 de Abril de 2024

A Xunta impulsa a transformación innovadora da empresa morañesa Vertifil

Ler máis

Eventos

Ver todos
23
Abril
Oportunius: Taller de preparación de propostas ERC 2024-2025

25
Abril
VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.