Ver versión en liña

Nova directora da Axencia Galega de Innovación

O pasado venres 26 de abril tomou posesión como nova directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Carmen Cotelo Queijo, en substitución de Patricia Argerey Vilar, que levaba no cargo dende 2016. Carmen Cotelo conta cunha traxectoria profesional vencellada á I+D+i dende diferentes eidos, o que lle confire un coñecemento completo do ecosistema galego de innovación.

O seu perfil
Nada na Coruña no 1974, é licenciada en Física e doutora en Computación pola Universidade de Santiago de Compostela.

Comezou a súa carreira profesional no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) no ano 1999, onde desenvolveu actividades de carácter científico, técnico e de xestión, especialmente no ámbito de proxectos de I+D+i rexionais, estatais e europeos.

No 2018 incorporouse á Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) para traballar na área de Innovación e Programas Europeos, da que foi directora adxunta, colaborando estreitamente coas universidades, os centros tecnolóxicos, as empresas e os organismos públicos galegos e de toda Europa para a captación de financiamento público e o desenvolvemento de estratexias.

Desde 2023 desempeñou o cargo de directora de innovación no Centro Internacional de Cuántica de Fujitsu, traballando no establecemento de colaboracións a nivel galego, español e europeo, co obxectivo de posicionar a Galicia como un referente en computación cuántica e acelerar a adopción destas tecnoloxías mediante a colaboración público-privada.
Encaixe na nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia

O novo decreto de estrutura orgánica da Xunta de Galicia, publicado o mércores 24 de abril no Diario Oficial de Galicia, adscribe a Axencia Galega de Innovación á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, avogou no acto de toma de posesión da nova directora de Gain polo impulso da ciencia e a innovación como “unha oportunidade de futuro” para Galicia e expresou que o seu departamento vai traballar para reforzar a cooperación entre o eido educativo e o empresarial co fin de avanzar no coñecemento aplicado á mellora social. Tamén aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo desenvolvido ata o de agora á fronte da Axencia por Patricia Argerey e o seu equipo.

Novas

Ver todas

30 de Abril de 2024

Román Rodríguez reafirma o compromiso co talento do I+D+I na súa primeira visita ás instalacións da Axencia Galega de Innovación

Ler máis

26 de Abril de 2024

Román Rodríguez avoga polo impulso da ciencia e a innovación tras a integración de GAIN en educación

Ler máis

26 de Abril de 2024

Galicia exhibe en California os avances en I+D+i aplicada ás tecnoloxías de sistemas non tripulados desenvolvidos no polo aeroespacial

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.