Ver a versión en liña

Xornada anual de presentación das liñas de apoio á I+D+i de CDTI e Gain

O vindeiro 20 de xuño organizamos, en colaboración co CDTI, unha xornada de presentación das liñas de axuda e actuacións de apoio do organismo estatal á I+D+i. Así mesmo, contaremos Esteve Almirall que impartirá unha charla sobre innovación na era da intelixencia artificial xenerativa. O evento será clausurado polo Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Román Rodríguez.

Inscríbete!
Financiamento da I+D+i
A directora de Gain, Carmen Cotelo, e o director de Políticas de Innovación de CDTI, Juan Antonio Tébar, darán a benvida a este evento e exporán os resultados da participación galega nos instrumentos do organismo nacional e as principais liñas de traballo para os próximos meses.

Pola súa banda, a xefa do Departamento de Promoción Institucional e Cooperación Territorial do CDTI, Mª Pilar González, explicará as liñas de apoio do organismo estatal á I+D+i empresarial.

Por último, Esteve Almirall, profesor de Esade e director do Centro de Innovación nas Cidades, impartirá unha conferencia sobre innovación na era da intelixencia artificial xenerativa.
Público destinatario
A xornada está dirixida a todos os axentes do ecosistema galego de innovación.

Podes consultar o programa e inscribirte na xornada neste enlace

Inscríbete!
Esta xornada enmárcase na liña de colaboración entre as dúas entidades, que frutificou, entre outras actuacións, no lanzamento da liña de rescate Neotec, destacada como posta en práctica dun novo esquema de gobernanza entre administracións na recente publicación do Ministerio de Ciencia e Innovación sobre ecosistemas rexionais. Este esquema permite que proxectos cunha boa avaliación que demostra a súa calidade, non queden sen financiamento por restricións orzamentarias e poidan desenvolverse grazas á colaboración entre administracións.

Novas

Ver todas

29 de Maio de 2024

A nova dirección de GAIN establece contacto con diferentes axentes do ecosistema galego de I+D+i

Ler máis

28 de Maio de 2024

A Xunta e o CSIC en Galicia reafirman a súa vontade de colaboración no impulso á ciencia e o talento

Ler máis
pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.