Ver a versión en liña

Galicia Biodays 2024

Vigo acollerá a vindeira semana a segunda edición dos Galicia Biodays, o foro de referencia da industria da biotecnoloxía e das ciencias da vida no Espazo Atlántico Europeo, organizado polo clúster Bioga en colaboración coa Xunta de Galicia. O evento celebrarase os días 12 e 13 de xuño no auditorio Mar de Vigo.

A biotecnoloxía, un sector estratéxico para Galicia
O apoio da Xunta de Galicia a este evento enmárcase na aposta do Goberno galego pola biotecnoloxía como un sector estratéxico para Galicia “que marca a diferencia tanto en rendemento produtivo como en transformación innovadora”, como destacou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, no acto de presentación dos Galicia Biodays o pasado martes.
Esta aposta está a materializarse a través da Estratexia de Consolidación do sector Biotecnolóxico de Galicia 2021-2025, que conta cun orzamento de 622M€, dos que 430M€ son de investimento público, e xa ten permitido captar máis de 200M€ de financiamento público estatal e europeo.
Participación de Gain no foro
A directora da Axencia, Carmen Cotelo, participará na apertura da xornada e como moderadora nunha mesa redonda sobre o impacto das estratexias de biotecnoloxía nas rexións, que se celebrará o mércores 12 ás 10:15h. Nela intervirán Giuseppina Luvara da Dirección Xeral de Investigación e Innovación da Comisión Europea, un representante do punto nacional de contacto dos programas europeos de biotecnoloxía e saúde e Christian Suojanen, CEO de Broadreach Global e membro da directiva da Fundación Europea do Cerebro.
A organización prevé a asistencia de máis de 800 participantes, 65 ponentes, 500 reunións e 4 biorrexións convidadas.
Máis información e programa aquí.

Novas

Ver todas

05 de Xuño de 2024

A Xunta reúnese en Bruxelas con distintas institucións comunitarias para aproveitar as oportunidades que ofrece Europa no eido da I+D+i

Ler máis

04 de Xuño de 2024

Román Rodríguez destaca o papel de Galicia como referente na biotecnoloxía ao abeiro da estratexia de consolidación do sector impulsada pola Xunta

Ler máis

Eventos

Ver todos
20
Xuño
Financiamento da I+D+i: axudas e actuacións do CDTI e GAIN en 2024

25
Xuño
Xornada de presentación do Programa EU4Health

pe_Xoves

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.